Actos do presidente

Intervención de Ernesto Pedrosa na inaguración das XII Xornadas de Sociedade e Dereito no Campus de Ourense

2020-02-21T12:59:54+00:0031 de Marzo de 2016|Actos do presidente, Discursos do presidente|

XII Xornadas SOCIEDADE E DEREITO. Muller, política e igualdade
ERNESTO PEDROSA.

Boas tardes
Abro con declarado orgullo estas décimo segundas Xornadas Sociedade e Dereito. Un bo exemplo de compromiso cunha formación de calidade, que enriquece aos estudantes e mellora a sociedade, porque determina o seu futuro en boa medida e vertebra valores para a convivencia.
Ao profesor José Agustín González Ares correspóndelle o mérito de construír esta cita sobre dous pilas tan imprescindibles e insubstituíbles para soster o sistema como son o dereito e a sociedade, dous conceptos que convenientemente desenvolvidos, proporcionan á convivencia as súas maiores cotas de altura moral. Porque a través de encontros como este, a educación convértese nunha tarefa social, e nun principio activo para a mellora da calidade democrática. E porque un sistema educativo eficiente, necesariamente contén como esencia a eliminación de calquera indicio de desigualdade, desde o momento en que fragua a posibilidade de debater, construír, compartir, sumar, avanzar, liderar, saber, mostrar camiños y forxar convicións.
Hoxe está asumido que a aprendizaxe non remata no sistema educativo regrado; proxéctase ao longo de toda a vida, a través de iniciativas como esta, na que todos somos alumnos. Nos que non se buscan camiños cara a educación, senón que a educación mesma es el camiño. Aquí se complementan los modelos educativos de la educación superior, se amplían horizontes e se fraguan profesionais competentes…pero tamén cidadáns responsables, instruídos, capaces, solidarios, libres e comprometidos. E neles, e con eles, (é dicir, con todos vostedes) a sociedade recoñecerá mellor a súa Universidade e daralle a confianza e o apoio¡o que tanto precisa. Así que é nestes escenarios nos que queremos encontrar á universidade, en camiños tan acertados como o que hoxe nos reúne aquí, para que sexa percibida como unha marca útil e xeradora de valor, capaz tamén de proporcionar calidade de vida, mellores condutas, oxíxeno moral e referencias sas á sociedade.
Tamén porque se fai necesario xerar e estender o sentimento de que o sistema educativo recompensa de xeito transparente e equitativo, e contribúe a mellorar e fortalecer as aspiracións sociais.
Son actos estes sustentados na indubidable autoridade do mundo universitario á hora de convocar e de formar, nos que se constrúe coñecemento novo, saberes que non se poden estudar nas aulas, formación que nos fará mellores a todos e novas prácticas que –se xa de por si son valiosas- nos campos nos que estudan ou traballan vostedes transfórmanse en avances inestimables para a dignidade do ser humano.
Estas Xornadas enfocadas en cada edición unha problemática distinta e de grande incidencia social. Nesta edición entran nunha polémica madura “Muller, política e igualdade”, debate complexo, multiforme e profundo. Se vostedes buscan os organismos oficiais relacionados coa muller ou a igualdade, non encontrarán precisamente poucos, polo que se podería percibir que o afán e os resultados non gardan correspondencia. E ese pon maiores esperanzas en Xornadas como esta, porque as coordenadas que se achegan e o maxisterio da trintena de relatores e poñentes que participan, sitúannos ante un reto académico que será beneficioso para vostedes que están aquí, pero tamén para a sociedade no seu conxunto, porque o coñecemento e a aprendizaxe sempre son frutíferos e contaxiosos se se comparten, e porque -ao igual que os valores-unha vez compartidos proxéctanse e esténdense á sociedade no seu conxunto. E de novo insisto en que moitos problemas sociais como os tratados nesta xornada serán máis facilmente vencidos coa educación.
Con estas Xornadas, o profesor González Ares entronca co máis xeneroso espírito universitario, que hai case un século proclamaba o polo de aquela chamado Ministerio de Instrucción pública y Bellas Artes, ao instar á universidade a “mantener una relación íntima con el alumno a fin de irle poniendo en contacto con cuestiones vivas y reales”, ao mesmo tempo que recomendaba cultivar a idea do “tutor universitario al frente de un grupo de alumnos con los que coopera cotidianamente para vencer obstáculos y habituarlos a la resolución de problemas”.

E esta Facultade da probas abundantes desta vitalidade. Non pode ser casual, por tanto, que nun recente Estudo sobre a percepción laboral dos estudantes da UVigo, encargado polo Consello Social, conclúase que os profesores nas titulacións de Ciencias Xurídicas están entre os mellores valorados polos alumnos, o que o 90% dos estudantes de Dereito terminou o Grado nos catro anos de carreira.
Tampouco sería entón estraño que estes estudantes estean entre os que máis valoran o coñecemento que adquiriron, á hora de buscar emprego; ata tal punto que un 72% son optimistas sobre a facilidade coa que encontrarán traballo cando o busquen.
Un último dato que me parece significativo, e remato, é que os estudantes desta Facultade destacan tamén por estar entre os máis novos de todas as titulacións da UVigo. Inmellorable campo, por tanto, para que con labores como esta, a colleita que saia desta semente sexa propicia. Parabéns aos organizadores, recoñecemento aos poñentes e participantes, felicitacións á universidade e grazas a vostedes por asistiren e ensancharen os nosos horizontes humanos.

Abril, 2016