Histórico

O presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa Silva, asistiu á Inaguración das XII Xornadas de Sociedade e Dereito

2020-02-21T13:00:03+00:0031 de Marzo de 2016|Novas|

As décimo segundas xornadas de Sociedade e Dereito os días 28 e 29 de marzo e 1, 4, e 5 de abril na Facultade de Dereito ourensá, foron inauguradas nun acto que contou coa participación de Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense; Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo; Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia; Susana López, secretaria xeral de Igualdade da Xunta; Jesús Vázquez, alcalde de Ourense; Sofía Godoy, concelleira de Igualdade; Marta Fernández, decana da Facultade de Dereito, e Pilar López-Guerrero, decana do Colexio de Avogados de Ourense.

A realidade segue aí e os datos de violencia sexual, de diferenza de soldos entre homes e mulleres, de dificultades de conciliación de vida familiar e laboral, de acceso a postos de dirección e dun longo etcétera de cuestións amosan como as palabras non sempre se traducen nas correspondentes accións e responsabilidades. Estas xornadas continúan co obxectivo de suscitar a reflexión arredor desta situación. Ernesto Pedrosa fixo fincapé na necesidade da Universidade de estar na vangarda da loita contra esta situación.