Os premios Incuvi cumpren un lustro buscando as mellores iniciativas emprendedoras universitarias para convertelas en realidades empresariais. Nestas cinco edicións presentáronse 150 propostas e 47 delas convertéronse en startups de alto valor innovador nos tres campus. Este xoves déronse a coñecer as 12 propostas gañadoras da edición 2016 dos premios Incuvi-Emprende e as dúas iniciativas seleccionadas na primeira edicións Incuvi-Avanza, unha convocatoria de consolidación para propostas vencedoras en edicións anteriores. Ao acto asistiron o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato e o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa, entre outras autoridades.
Ernesto Pedrosa coincidiu co reitor na importancia de xerar un “ecosistema de empredemento que facilite a aparición dunha nova xeración de empresarios e traballadores que aposten por asumir actitudes emprendedoras que sirvan de cimentos para o éxito e a prosperidade da nosa sociedade”.