Histórico

Ernesto Pedrosa asiste á recepción do retrato de Cristobal Colón por parte da asociación “Celso García de la Riega”

2020-02-21T13:02:00+00:005 de Maio de 2016|Novas|

A Asociación Cristóbal Colón Galego “Celso García de la Riega” recibiu un retrato anónimo de Cristóbal Colón, datado no século XVII, que se exhibiu ata o momento no Museo Naval de Madrid. A idea do colectivo que reivindica a orixe galega do navegante é que a obra forme parte dalguna exposición temporal ou se incorpore en depósito aos fondos “de cualquera institución galega que o solicite” e a que teña acceso o público e os investigadores interesados.

O presidente do Consello Social da Universidad de Vigo, Ernesto Pedrosa, asistiu á entrega da obra e  felicitouse por esta nova iniciativa que permite que Galicia “sexa a receptora de importantes obras de arte e sen ningún custo por parte das administracións”.