Comisión económica

Reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social do día 22 de xuño

2020-02-21T13:02:29+00:0023 de Xuño de 2016|Comisión económica|

 

 

 

ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DA COMISIÓN ECONÓMICA

 DO CONSELLO SOCIAL DO 22.06.2016

O mércores, día 22 de xuño de 2016, ás 11:15 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de aprobar os seguintes puntos:

 

 

PUNTO 1

  • Apróbase por asentimento a acta da sesión anterior (29.02.2016)

PUNTO 2

  • Acórdase elevar informe favorable ao Pleno sobre a auditoría e memoria de recomendacións.

PUNTO 3

  • Acórdase informar favorablemente ao Pleno sobre a análise e revisión das contas anuais de Cidade Universitaria S.A. (CUSA), correspondentes a 2015

PUNTO 4

  • Acórdase elevar informe favorable ao Pleno sobre a análise e revisión das contas anuais de Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI), correspondentes a 2015.

PUNTO 5

  • Acórdase elevar informe favorable ao Pleno sobre a análise e revisión das contas anuais de Fundación Universidade de Vigo (FUVI), correspondentes a 2015.

PUNTO 6

  • Autorízase e elévase ao Pleno a supervisión e autorización de varias solicitudes de incorporación con cargo ao remanente de libre disposición do exercicio de 2015.

PUNTO 7

  • A Comisión informa favorablemente sobre novo convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e Fundación Empresa – Universidade Galega (FEUGA).

PUNTO 8

  • Propónse ao Pleno a prórroga a ATD para auditar as contas de 2016.

PUNTO 9

  • Propónse ao Pleno a realización dunha auditoría operativa sobre os cursos propios e convenios de formación que realiza a Universidade de Vigo.

PUNTO 10

  • Infórmase sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de abril e maio de 2016.

 

PUNTO 11

Rogos e preguntas.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 12:30 horas do 26 de xuño de 2016, da que eu como secretario dou fe, co visto e prace do presidente.