O martes 4 de outubro de 2016, ás 12.00h celebrábase a primeiera reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo do curso 2016/2017. Nesta reunión abordábase na orde do día a aprobación de varias axudas económicas para diferentes actividades da Universidade, as que foron todas aceptadas polos membros.
A orde do día e os acordos tomados forom os seguintes:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (23/06/2016)
Aprobado por Unanimidade.
2. Informe do presidente
Introduce este punto don Ernesto Pedrosa, principiando por dar conta da relación definitiva de adxudicatarios das bolsas ‘Ourense exterior’, que realizarán estudos de mestrado no Campus de Ourense o curso 2016/2017: dous estudantes procedentes de Perú, un de Italia, un de Nova Zelanda e un de Cuba.
De seguido cede a palabra a don Luis Espada. que fai un pormenorizado relatorio do proxecto de posta en marcha do Observatorio de egresados da Universidade de Vigo, promovido dende o Consello Social.
3. Acordo que proceda sobre a petición de apoio para a organización do “II Foro de Encontro de Xustiza e Traballo”, no Campus de Vigo
Apróbase conceder unha axuda.
4. Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda para a organización do ‘IV Ciclo de Conferencias de Dereito Concursal’
Apróbase conceder unha axuda
5. Acordo que proceda sobre a solicitude de colaboración económica coa ‘Gala do Deporte 2016’, prevista en Ourense
Concédese axuda.
6. Acordo que proceda sobre a petición de apoio para a organización dun congreso sobre ‘As Reformas Procesuais Penais de 2015, tralo seu primeiro ano de vixencia’, no Campus de Vigo
Apróbase a concesión dunha axuda.
7. Acordo que proceda sobre a solicitude de colaboración no financiamento da Semana da Ciencia, a desenvolver na E.T.S. de Enxeñaría de Minas
Apróbase colaborar na financiación.
8. Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda para a organización do ‘IV Congreso Internacional de Videoxogos e Educación’, no Campus de Pontevedra
Apróbase a colaboración económica.
Rogos e preguntas
Non hai.
Acta da reunión ordinaria da comisión de actividades e servizos do Consello Social do 04/10/2016