Histórico

O orzamento para 2017 aprobado en 156M€ no último pleno do Consello Social do 2016

2020-02-21T13:05:39+00:0028 de Decembro de 2016|Pleno|

A catro días de que acabe o ano e comece a segunda parte do curso escolar en curso, o pleno do Consello Social da Universidade de Vigo, órgano de representación da sociedade na institución académica, convocou o derradeiro pleno do 2016 para pechar os últimos asuntos pendentes, como os temas económicos, e facer un balance anual para mellorar as cousas de cara o ano que ven.

Por segunda vez na súa historia saíu do seu habitual ámbito universitario para celebrarse no Polígono de San Cibrao das Viñas, en Ourense, que o pasado ano celebrou medio século de historia. Neste último pleno do ano, a entidade, entre outras moitas cuestións, aprobou por unanimidade os orzamentos da Universidade de Vigo para o ano 2017, que ascenden a 165.325.488 euros, un 2,95% máis que o exercicio anterior. “Somos unha Universidade saneada, coas contas equilibradas, sen débeda e sen déficit”, destacou Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, sobre estes orzamentos. O reitor e o presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa, coincidiron en salientar a “boa saúde económica” da institución académica e “o esforzo feito pola comunidade universitaria” para acadar este equilibrio.

Ademais, tamén se designarán aos novos representantes do Consello Social no Consello de goberno da Universidade de Vigo e nas súas comisións, e os novos membros na Comisión Executiva e na Comisión Económica do Consello Social.

A orde do día e os acordos foron os seguintes:

ORDE DO DÍA

1.      Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (20.10.2016).

2.      Informe do presidente

3.      Informe do Reitor

Propostas, acordos e informes da Comisión de Actividades e Servizos (reunión de 16.11.2016).

4.    Modificación parcial para axudas do Consello Social

5.    Axudas e patrocinios

Acordos e informes da Comisión Executiva (reunión de 28.11.2016).

6.    Memoria do convenio coa FUVI 2015/2016

7.    Cursos. Aprobación de taxas e memorias

Propostas, acordos e informes da Comisión Económica (reunión de 21.12.2016)

8.    Informe sobre o teito de gasto da Universidade de Vigo para o exercicio 2017, consonte ao disposto no Real Decreto Lei 14/2012, de 20 de abril

9.    Aprobación, se procede, do Orzamento da Universidade de Vigo para o exercicio 2017, consonte proposta do Consello de goberno

10.    Informe sobre a previsión de cumprimento pola Universidade de Vigo de elaborar a liquidación do Orzamento do exercicio de 2016 antes do 1 de marzo de 2017

11.    Aprobación, se procede, da participación da Universidade de Vigo na constitución da Asociación SICELE (Sistema Internacional de Certificación del Español como Lengua Extranjera) e adhesión, a proposta do Consello de goberno

12.    Aprobación, se procede, da aceptación pola Universidade de Vigo da doazón de 8 biorreactores a cargo da empresa Lonza Biologics Porriño, S.L

13.    Borrador do informe de auditoría operativa sobre os cursos propios e os convenios de formación que realiza a Universidade de Vigo, consonte o artigo 81.3 da LOU. Análise, valoración previa e posibles achegas ás conclusións finais

14.    Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de outubro e novembro

15.         Aprobación, se procede, das liñas xerais do Orzamento do Consello Social para 2017

16.         Aprobación, se procede, da proposta do Plan xeral de actuacións a desenvolver polo Consello Social no exercicio de 2017

17.         Designación de representantes do Consello Social no Consello de goberno da Universidade de Vigo e nas súas comisións

18.         Designación de novos membros na Comisión Executiva e na Comisión Económica do Consello Social

19.         Aprobación, se procede da axuda solicitada polo Servicio de Extensión Universitaria para a organización da I Xornada de orientación universitaria da Universidade de Vigo

20.         Rogos e preguntas

Acta do Pleno do Consello Social do 27/12/16

Documentación para o pleno do Consello Social do 27/12/16