Histórico

Ernesto Pedrosa abre as IV Xornadas de Fundraising organizadas polo Consello Social en colaboración coa Universidade de Vigo

2020-02-21T13:08:43+00:0011 de Maio de 2017|Novas|

Expertas e expertos internacionais e nacionais analizaron as claves da captación de recursos de natureza privada xunto coa súa xestión durante as IV Xornadas para a promoción do melenado universitario, celebradas os días 4 e 5 de maio, na sede da Fundación Barrié en Vigo. Cada un dos e das poñentes presentou o seu modelo e analizáronse as tendencias e os desafíos de cara ao futuro do financiamento universitario.

O presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa, acompañado do presidente do Consejo Social da Universidad de Oviedo, Lalo Azcona, foi, tras a inauguración das xornadas por parte do reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, o primeiro en tomar a palabra.

O modelo de fundación pública adoptado desde 2009 pola Universidade de Porto, abriu as exposicións do panel de expertas e expertos que interviron nas xornadas de mecenado universitario e que completaron Donzelina Barroso, directora do Rockefeller Philanthropy de Londres; Alberto Brito, responsable de Relacións Institucionais da Federación Alumni España; José Cidrás, director da Cátedra Telefónica; Emilio Fernández, director do Campus do Mar; Fabián García, xerente de Relacións Institucionais da Cátedra Telefónica; Xosé Lago, subdirector xeral de Acción Exterior da Xunta de Galicia; Pedro Otero, xerente de Afundación; José Pedreira, catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da Universidad de Oviedo; Carlos Ramos, vicepresidente do Instituto Politécnico do Porto; Pedro Santa-Clara, catedrático de Finanzas da Nova School of Business and Economics de Lisboa; Noelia Sanz, directora executiva da Oficina de Alumni da Universidad de Navarra; David Shem Tov, xerente do Instituto Tecnolóxico de Israel, Technion; e José Manuel Silva, doutor honoris causa da Universidade de Vigo e exdirector xeral na Comisión Europea.

Ver video na UVigo tv