O venres día 26 de maio 2017, ás 12:15 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión Executiva do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
PUNTO 1
Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (19.04.2017).
Apróbase por asentimento.
PUNTO 2
Informe da vicerreitora de estudantes sobre a nova Normativa de permanencia e progreso nas titulacións oficias de grao e de máster da Universidade de Vigo.
O presidente solicita introducir unha modificación no apartado 2 do artigo 13 das Normas que recolle a composición da Comisión de permanencia e progreso.
PUNTO 3
Audiencia con representantes do alumnado no Claustro da Universidade de Vigo para avaliar a Normativa de permanencia e progreso nas titulacións oficiais de grao e de máster, consonte o artigo 99 dos Estatutos da UVigo.
Don Ernesto Pedrosa agradece a información achegada, e da paso aos representantes estudantís.
PUNTO 4
Aprobación, se procede, da Normativa de permanencia e progreso nas titulacións oficiais de grao e de máster da Universidade de Vigo, consonte o artigo 46 da LOU. Elevación do acordo ao Pleno.
A Comisión acorda elevar informe favorable ao Pleno con algunhas modificacións.
PUNTO 5
Seguimento e cumprimento dos acordos da Comisión:
- Evolución da expedición de títulos oficiais. Situación a abril de 2017.
A Comisión acorda solicitar unha previsión para a resolución e regularización da tramitación destes títulos, e a incidencia que puidera ter na mellora dese proceso a nova estrutura administrativa e as novas ferramentas que achega.
PUNTO 6
Informe sobre as Memorias finais dos seguintes cursos. Con aprobación previa (informe do presidente de 10.05.2017):
- II Curso de Formación en “Deseño, programación e administración de bases de datos”
- XII Curso de Formación en “O IVE na fiscalidade empresarial”
- I Curso Complementario en “Xestión empresarial a través de ODOO: aspectos funcionais e técnicos”
A Comisión acorda ratificar a aprobación.
PUNTO 7
Aprobación, se procede, das taxas dos Cursos de Extensión universitaria previstos para 2017 no Campus de Ourense.
PUNTO 8
Aprobación, se procede, das taxas dos Cursos de Extensión universitaria previstos para 2017 no Campus de Pontevedra.
PUNTO 9
Aprobación, se procede, das taxas dos Cursos de Extensión universitaria previstos para 2017 no Campus de Vigo.
A Comisión acorda aprobar as taxas dos Cursos de Extensión universitaria dos tres Campus.
PUNTO 10
Aprobación, se procede, dos prezos para o “Campus Camp” do verán 2017 nos tres campus.
A Comisión acorda aprobar os prezos.
PUNTO 11
Aprobación, se procede, das taxas para as actividades deportivas “DELECER 2017”.
A Comisión acorda aprobar as taxas.
PUNTO 12
Supervisión, se procede, das taxas dos seguintes cursos:
- II Curso de Formación en “Redacción e presentación de traballos científicos no ámbito químico”
- I Curso Complementario en “Creación dunha plataforma de comercio electrónico baseado en ODOO”
A Comisión acorda ratificar a aprobación das taxas.
PUNTO 13
Aprobación se procede, das taxas dos seguintes cursos:
- XVI Curso de Máster/Especialista en “Auditoría e contabilidade”
- II Curso de Formación en “Introdución aos autómatas programables”
- III Curso de Formación en “Programación JAVA”
- III Curso de Formación en “Deseño, programación e administración de bases de datos”
- XIII Curso de Formación en “O IVE na fiscalidade empresarial”
- II Curso Complementario en “Introdución á ciberseguridade”
- II Curso Complementario en “Xestión empresarial a través de ODOO: Aspectos funcionais e técnicos”
- I Curso Complementario en “Robots colaborativos” universal robots”: Fundamentos da programación, configuración e xestión dos sistemas de seguridade”
Revisadas as propostas e non habendo detectado ningunha incidencia ou incumprimento das Normas do Consello Social, a Comisión acorda aprobar as taxas.
PUNTO 14
Rogos e preguntas.
Non hai.