Histórico

O Pleno aproba, entre outros, as normas de permanencia e progreso nas titulacións oficias de Grao e Máster da Universidade de Vigo

2020-02-21T13:09:42+00:0015 de Xuño de 2017|Pleno|

O luns, día 12 de xuño de 2017, ás 12:10 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

PUNTO 1

Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (05.04.2017).

Apróbase por asentimento.

PUNTO 2

Informe do presidente.

PUNTO 3

Informe do Reitor.

PUNTO 4

Aprobación, se procede, das Normas de permanencia e progreso nas titulacións oficias de Grao e Máster da Universidade de Vigo, consonte o artigo 46 da LOU.

O Pleno dá a súa aprobación.

PUNTO 5

Informe sobre a expedición de títulos oficiais da Universidade de Vigo e situación actual.

O Pleno dáse por informado.

PUNTO 6

Outros acordos. Aprobación de taxas de cursos e actividades. Memorias finais.

O Pleno dáse por informado.

PUNTO 7

Supervisión das últimas enquisas de satisfacción das e dos estudantes, das e dos titulados e das e dos PAS coas titulacións da Universidade de Vigo.

O Pleno dáse por informado.

PUNTO 8

Outros acordos. Aprobación das taxas de cursos e das residencias universitarias. Memorias finais.

O Pleno dáse por informado.

PUNTO 9

Aprobación, se procede, da edición e distribución de 4.000 carpetas-guía de acollida para os novos alumnos que se matriculen por primeira vez na Universidade de Vigo no curso 2017/2018.

O Pleno aproba a proposta.

PUNTO 10

Aprobación, se procede, da proposta e convenio de colaboración anual coa Fundación Universidade de Vigo para desenvolver actividades en 2017. Asignación económica.

O Pleno aproba o convenio e a súa dotación.

PUNTO 11

Outros acordos e patrocinios. Informe sobre o proxecto de Mentoría.

O Pleno dáse por informado.

PUNTO 12

Informe dos convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de febreiro, marzo, abril e maio de 2017 (nova presentación).

O Pleno dáse por informado.

PUNTO 13

Rogos e preguntas.

Don Emilio Fernández e dona Elena Añel realizan cadansúa pregunta, que son respondidas por don Manuel F. Jauregui e polo reitor.