Histórico

Luis Espada e Víctor Manuel Martínez publican un libro sobre a evolución da oferta académica da Universidade de Vigo

2020-02-21T13:10:26+00:007 de Xullo de 2017|Novas|

Este libro repasa a historia dos estudos universitarios do Sur de Galicia, desde que existen os tres campus de Vigo, Ourense e Pontevedra e engloba ás e aos estudantes que pasaron polas súas aulas, as carreiras que se impartiron, as variacións habidas pola evolución da demanda, as especialidades máis solicitadas, a porcentaxe de alumnas e alumnos de cada poboación e por xéneros.

O volume, publicado polo Consello Social, foi presentado polos autores, nun acto no que o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, e o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa, incidiron na importancia de contar cun traballo que achega unha radiografía precisa do que é a institución, ao tempo que fortalece a relación coas súas egresadas e egresados.