O pleno aproba a creación das EBTs “Biofast” e “AlenSpace”, así como o cambio de denominiación da ECIMAT

2018-10-22T14:01:20+00:0019 de Abril de 2018|Pleno|

O mércores, 18 de abril de 2018, ás 12:15 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

1.Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (27.12.2017).
Apróbase por asentimento

2. Informe do presidente.

3. Informe do Reitor.
O Pleno dáse por informado

4. Acordo que proceda sobre a asignación de complementos a profesores en recoñecemento polos cargos de xestión e por excelencia curricular (convocatoria de 2016), consonte sendas resolucións favorables da ACSUG con datas 9 e 28 de febreiro.
O Pleno acorda a asignación de complementos

Informes, acordos e propostas da Comisión Económica (sesión do 27 de febreiro de 2018)

5. Liquidación do Orzamento de ingresos e gastos da Universidade de Vigo no exercicio de 2017. Análise do informe de execución orzamentaria anual, consonte Real Decreto-Lei 14/2012.
O Pleno dáse por informado

6. Outros asuntos. Convenios da Universidade de Vigo en decembro de 2017 e xaneiro de 2018.
O Pleno da a súa conformidade

Propostas, informes e acordos, con pronunciamento favorable da Comisión de Actividades e Servizos (sesión do 21 de febreiro de 2018)

7. Ratificación, se procede, do acordo para a continuidade do “Estudo sobre a empregabilidade, confianza e valoración dos alumnos da Universidade de Vigo. Curso 2017/2018”.
O Pleno aproba a proposta

8. Outros asuntos. Axudas e patrocinios.
O Pleno dáse por informado

Propostas e acordos con pronunciamento favorable, da Comisión de Actividades e Servizos (sesión do 22 de marzo de 2018)

9. Ratificación, se procede, da distribución e asignación de axudas previstas na convocatoria de apoio a titulacións para fomentar as prácticas preprofesionais.
O Pleno aproba a distribución

10. Outros acordos. Axudas e patrocinios.
O Pleno dáse por informado

Asuntos tratados no Consello de goberno do 5 de febreiro e do 21 de marzo de 2018

11. Calendario e procedemento para a aprobación de verificación e modificación de titulacións de Grao, Máster e Doutoramento, para o curso 2019/2020.
O Pleno dáse por informado

12. Declaración de interese das novas titulacións de Grao e Máster para o curso 2018/2019.
O Pleno da a súa conformidade

13. Aprobación definitiva, se procede, da creación da empresa de base tecnolóxica (EBT) “BIOFAST”, e da participación da Universidade de Vigo no capital social. (O informe previo favorable do Consello Social foi emitido pola Comisión Económica na reunión do 27 de febreiro de 2018).
O Pleno da a aprobación definitiva

14. Aprobación definitiva, se procede, da creación da empresa de base tecnolóxica (EBT) “Alen Space”, e da participación da Universidade de Vigo no capital social. (O informe previo favorable do Consello Social foi emitido pola Comisión Económica na reunión do 27 de febreiro de 2018).
O Pleno da a aprobación definitiva

15. Informe que proceda sobre o cambio de denominación do Centro singular de investigación da Universidade de Vigo, dedicado á Investigación mariña-Océano- ECIMAT, para pasar a “Centro de investigación mariña da Universidade de Vigo (CIM-Vigo)”.
O Pleno informa favorablemente o cambio de denominación

16. Convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de febreiro e marzo.
O Pleno dáse por informado

17. Rogos e preguntas.