Comisión de actividades e servizos

Acordos coas “Aulas de formación aberta” e para a edición das carpetas-guía de acollida

2020-09-28T13:00:02+00:0010 de Maio de 2018|Comisión de actividades e servizos|

O mércores, día 9 de maio de 2018, ás 12:35 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (22.03.2018).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente. Asuntos pendentes.
  3. Acordo que proceda, sobre a proposta de colaboración anual coa Fundación Universidade de Vigo (FUVI) para 2018. Asignación económica.
    Informe favorable ao Pleno, cunha dotación de 30.000 €.
  4. Acordo que proceda sobre a edición e distribución de carpetas-guía de acollida para entregar ao novo alumnado que se matricule na Universidade de Vigo no curso 2018/2019. Asignación económica.
    Aprobar para a impresión das carpetas unha dotación máxima de 8.000 €, e de 800 € para a distribución.
  5. Acordo que proceda sobre a solicitude de colaboración coas actividades das “Aulas de formación aberta” (Programa de maiores) para o curso 2017/2018.
    Apróbase conceder unha axuda de 1.600 €.
  6. Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda presentada para a organización en Vigo da LXVI Conferencia española de decanos de Bioloxía.
    Apróbase conceder unha axuda de 1.600 €.
  7. Acordo que proceda sobre a petición dunha axuda para a edición do no 33 da Revista Tres Campus, conmemorativa dos vinte anos da Asociación de amigos e antigos alumnos da Universidade de Vigo.
    Concédese unha axuda de 2.220 €.
  8. Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda presentada para a organización da Conferencia internacional “Modelling the linguistic architecture of English: theories and methods”.
    Concédese unha axuda de 1.800 €.
  9. Rogos e preguntas.