Comisión executiva

Aprobadas taxas de diversos cursos, os prezos de CampusCamp e unha axuda ao proxecto Pergamiño Vindel

2018-10-23T11:00:00+00:0025 de Maio de 2018|Comisión executiva|

O xoves día 24 de maio de 2018, ás 12:05 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión Executiva do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (27.03.2018).
    Apróbase por asentimento
  2. Informe do Presidente.
  3. Aprobación, se procede, das taxas dos seguintes cursos:

    – IV Curso de formación en “Programación Java”
    – XV Curso de formación en “Catia V5: módulos CAD-DMU-CAE-CAM”
    – XVI Curso de formación en “Catia V5: módulos CAD-DMU-CAE-CAM”
    – II Curso complementario en “Valoración e tratamento da rexión cervical e a súa relación cranio-mandibular (ATM)”
    – XIV Curso de formación en “O IVE na fiscalidade empresarial”
    – IV Curso de formación en “Deseño, programación e administración de bases de datos”
    Apróbanse as taxas

  4. Aprobación, se procede, das taxas académicas dos cursos de Extensión Universitaria previstos no Campus de Ourense en 2018.
    Apróbanse as taxas
  5. Aprobación, se procede, das taxas académicas dos cursos de Extensión Universitaria previstos no Campus de Pontevedra en 2018.
    Apróbanse as taxas
  6. Aprobación, se procede, dos prezos públicos para o Programa de maiores a desenvolver no curso 2018/2019.
    Apróbanse as taxas
  7. Aprobación, se procede, dos prezos para o Campus Camp do verán de 2018, nos tres campus da Universidade de Vigo.
    Apróbanse os prezos propostos
  8. Informe sobre as Memorias finais dos seguintes cursos:

    a) Con aprobación previa do Presidente:
    – III Curso de formación en “Deseño, programación e administración de bases de datos”- III Curso de formación en “Programación Java”
    – I Curso de formación en “Deseño web”
    – XIII Curso de formación en “Catia V5: módulos CAD-DMU-CAE-CAM”
    – XIV Curso de formación en “Catia V5: módulos CAD-DMU-CAE-CAM”
    – III Curso de formación en “Análise avanzada da información (Microsoft Excel)”
    – I Curso de formación en “Enxeñaría no sector aeronáutico: das tecnoloxías de deseño á xestión do mantemento”
    – I Curso complementario en “Valoración e tratamento da rexión cervical e a súa relación cranio-mandibular (ATM)”
    – IV Curso complementario en “Ferramentas de tradución profesional”
    – I Curso complementario en “Introdución á programación na linguaxe C e aplicacións sobre a plataforma ARDUINO”
    – XV Curso de máster/especialista en “Auditoría e contabilidade”
    Ratifícanse as memorias finais

    b) Sen aprobación previa do Presidente:
    – VII Curso de formación en “Estatística con “R” para investigadores”
    – V Curso de formación en “Estatística con “R” para profesionais da saúde”
    Apróbanse as memorias finais

  9. Aprobación, se procede, da axuda solicitada para a organización do concerto conmemorativo do Pergamiño Vindel.
    A Comisión aproba unha aportación de 5.000 €.
  10. Rogos e preguntas.