Comisión executiva

Aprobación de taxas de cursos, prezos públicos de obradoiros, do Programa de maiores e asignación das bolsas do Ministerio de Educación

2018-10-23T11:28:59+00:0027 de Xuño de 2018|Comisión executiva|

O martes día 26 de xuño de 2018, ás 10:40 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión Executiva do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (24.05.2018).
    Apróbase por asentimento
  2. Informe do Presidente.
  3. Aprobación, se procede, das taxas dos seguintes cursos:

– VIII Curso de formación en “Estatística con “R” para Investigadores”
– VI Curso de formación en “Estatística con “R” para profesionais da saúde”
– V Curso de Especialista en “Dirección de loxística e produción”
Apróbanse as taxas

  • V Curso complementario en “O sistema loxístico e a cadea de subministración: estratexia e planificación”
  • V Curso complementario en “O deseño loxístico do envase e embalaxe”
  • V Curso complementario en “Custos loxísticos e servizo ao cliente. Indicadores de xestión”
  • V Curso complementario en “Xestión avanzada da calidade. Estratexias de excelencia.
  • V Curso complementario en “O papel das persoas. O factor humano na implantación. Liderado e sistemas de participación”
  • V Curso complementario en “A mellora continua na dirección de loxística e produción. O modelo “Lean Manufacturing”
  • V Curso complementario en “Dirección de compras e stocks”
  • V Curso complementario en “Sistemas de información para a loxística e a produción”
  • V Curso complementario en “O deseño e a xestión dos almacéns”
  • V Curso complementario en “A xestión do transporte na cadea de subministración”
  • V Curso complementario en “Sistemas de xestión no contexto loxístico-produtivo: calidade, seguridade, saúde laboral, medio ambiente e continuidade de negocio”
  • V Curso complementario en “Tendencias na loxística e a produción”
    Apróbanse as taxas de xeito excepcional

– XVII Curso de Máster/Especialista en “ Auditoría e contabilidade”
Apróbanse as taxas

  1. Aprobación, se procede, dos prezos públicos dos Obradoiros a desenvolver no curso 2018/2019 nos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo.
    Apróbanse os prezos
  2. Aprobación, se procede, dos prezos para o Programa de maiores, por labores administrativas e tarefas de xestión.
    Apróbanse os prezos
  3. Informe sobre as Memorias finais dos seguintes cursos: a) Con aprobación previa do Presidente:- XV Curso de formación en “Introdución á bolsa”
    – III Curso de especialista en “Dirección de loxística e produción”
    Valídase a aprobación das memorias finais
  4. Aprobación, se procede, da distribución das 52 bolsas-colaboración asignadas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte á Universidade de Vigo para o curso 2018/2019.
    Apróbase a asignación proposta
  5. Rogos e preguntas.