A sesión ordinaria do Pleno informa favorablemente a proposta de novas titulacións oficiais e a modificación dalgunhas outras

2018-10-22T17:43:39+00:0027 de Xullo de 2018|Pleno|

O xoves, 26 de xullo de 2018, ás 12:10 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (05.07.2018).
Apróbase por asentimento

2. Informe do presidente.

3. Informe do Reitor.

4. Informe que proceda sobre a proposta de implantación de novas titulacións oficiais na Universidade de Vigo para o curso 2019/2020 (consonte Consello de Goberno do 20 de xullo de 2018):

  • Grao en Deseño e Creación
  • Máster Universitario en Enxeñaría Aeronáutica (Interuniversitario)
  • Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía do Espazo (Interuniversitario)
  • Máster Universitario en Visión por Computador (Interuniversitario)
  • Máster Universitario en Xestión e Dirección de Sistemas e Tecnoloxías da Información e das Comunicacións e Seguridade da Información
  • Máster Universitario en Dirección e Xestión da Loxística e da Cadea de Subministro
  • PD en Turismo
  • PD en Protección do Patrimonio Cultural

5. Informe que proceda sobre a proposta de modificación das seguintes titulacións oficiais da Universidade de Vigo para o curso 2019/2020 (consonte Consello de Goberno do 20 de xullo de 2018):

  • Grao en Química
  • Grao en Administración e Dirección de Empresas
  • Grao en Educación Infantil
  • Grao en Educación Primaria
  • Grao en Ciencias do Mar
  • Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
  • Máster Universitario en Industria 4.0 (Verificación – Incorporación de la Universidad de León)
  • Máster Universitario en Mecatrónica
  • Máster Universitario en Enxeñaría da Automoción
  • Máster Universitario en Xestión Empresarial do Deporte
  • Máster Universitario en Dirección Integrada de Proxectos (Interuniversitario)
  • Máster Universitario en Técnicas Estatísticas (Interuniversitario)
  • Máster Universitario en Lingüística Aplicada (Interuniversitario)
  • Máster Universitario en Dereito de Empresa
  • PD en Ciencia e Tecnoloxía Química

Puntos 4 e 5: O Pleno informa favorablemente as propostas presentadas

6. Aprobación, se procede, dos prezos públicos para o Alumnado visitante estranxeiro.
O Pleno dá a súa aprobación

7. Informe dos convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de maio e xuño.
O Pleno dáse por informado

8. Rogos e preguntas.