Dáse conformidade para o nomeamento da nova xerente da Universidade e apróbase a distribución das bolsas asignadas polo Ministerio de Educación

2018-10-22T17:24:24+00:006 de Xullo de 2018|Pleno|

O xoves, 5 de xullo de 2018, ás 10:35 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (05.06.2018).
    Apróbase por asentimento
  2. Informe do presidente.
  3. Informe do Reitor.
  4. Acordo que proceda para o nomeamento de Xerente da Universidade de Vigo, consonte os termos previstos na lexislación orgánica de universidades, e o artigo 75.4c) da Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema Universitario de Galicia.
    O pleno dá a súa conformidade

Propostas e acordos da Comisión Executiva. (Reunión do 26 de xuño de 2018)

5. Aprobación, se procede, da distribución das 52 Bolsas-colaboración asignadas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte á Universidade de Vigo para o curso 2018/2019.
O Pleno dá a súa aprobación

6. Outros asuntos. Prezos públicos de actividades. Cursos propios: taxas e memorias finais.
O Pleno dáse por informado

7. Rogos e preguntas.