Comisión executiva

A Comisión aproba taxas de cursos, tarifas dos servizos deportivos e acorda a concesión de complementos a profesores como recoñecemento

2020-02-21T18:46:48+00:0011 de Outubro de 2018|Comisión executiva|

O mércores día 10 de outubro de 2018, ás 13:05 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión Executiva do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (26.06.2018).
    Apróbase por asentimento
  2. Informe do Presidente.
  3. Evolución da expedición de títulos oficiais da Universidade de Vigo. Situación e perspectivas en setembro de 2018.
  4. Informe que proceda sobre a proposta de modificación do título de Máster en “Estudos ingleses avanzados e as súas aplicacións”.
    A Comisión informa favorablemente
  5. Aprobación, se procede, das taxas dos seguintes cursos:
    • II Curso complementario en “Deseño de aplicacións para dirección de operacións con Office Access”
    • XVI Curso de formación en “Introdución á bolsa”
    • I Curso de formación en “Javascript para aplicacións web e móbiles”
    • I Curso de especialista en “Tradución para a industria do videoxogo”
    • V Curso complementario en “Tratamento conservador da síndrome da dor miofascial, nivel básico”
    • III Curso complementario en “Pilates en mat para fisioterapeutas”
  6. Supervisión, se procede, das taxas dos seguintes cursos:
    • I Curso de formación en “Industria conectada 4.0: Transformación dixital e novos modelos produtivos para a fábrica do futuro”
    • I Curso de formación en “Negociación colectiva e individual no ámbito laboral”
    • I Curso de formación en “Modeling dynamics of populations in a changing world”
    • V Curso de formación en “Didáctica da ficción e creación literaria”
      Apróbanse as taxas
  7. Informe sobre as Memorias finais dos seguintes cursos:
    a) Con aprobación previa do Presidente:
    • IV Curso complementario en “Tratamento conservador da síndrome da dor miofascial, nivel básico”
    • VI Curso complementario en “Organización e desenvolvemento de eventos deportivos: as claves do éxito”
    • XVII Curso complementario en “Iniciación ao Autocad”
    • VI Curso complementario en “Nivel medio de Autocad”
    • II Curso complementario en “Pilates en mat para fisioterapeutas”
    • IV Curso de formación en “Didáctica da ficción e creación literaria”
    • I Curso de formación en “Advanced trading”
      Infórmanse favorablemente

8. Aprobación, se procede, das tarifas dos servizos deportivos da Universidade de Vigo para o curso 2018/2019.
Apróbase a proposta

9. Acordo que proceda sobre a concesión de complementos a profesores como recoñecemento polos cargos de xestión (convocatoria 2017), consonte avaliación positiva da CGIACA (xuntanza do 17 de xullo de 2018).
A Comisión ACORDA autorizar a asignación

10. Acordo que proceda sobre a concesión de complementos a profesores como recoñecemento da excelencia curricular (convocatoria 2017), consonte avaliación positiva da CGIACA (xuntanza do 17 de xullo de 2018).
A Comisión ACORDA autorizar a asignación

11. Acordo que proceda sobre a concesión de complementos a profesores como recoñecemento ao labor docente e investigador (convocatoria 2017), consonte avaliación positiva da CGIACA (xuntanza do 25 de xuño de 2018).
A Comisión ACORDA autorizar a asignación

12. Rogos e preguntas.