Comisión de actividades e servizos

Aprobación de distintas axudas e reasignación definitiva das bolsas-colaboración do Ministerio de Educación

2018-10-22T19:48:45+00:0012 de Outubro de 2018|Comisión de actividades e servizos|

O xoves, día 11 de outubro de 2018, ás 12:15 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (06.09.2018).
    Apróbase por asentimento
  2. Informe do presidente.
    A Comisión dáse por informada
  3. Aprobación, se procede, da reasignación definitiva das Bolsas-colaboración asignadas á Universidade de Vigo polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, para o curso 2018/2019.
    Apróbase o seguinte reparto:
    – Con unha bolsa, Historia, arte e xeografía; Economía financeira e contabilidade; Análise e intervención psicosocioeducativa; Bioloxía funcional e ciencias da saúde; Bioloxía vexetal e ciencias do solo; Bioquímica, xenética e inmunoloxía; Enxeñaría mecánica, máquinas e motores térmicos e fluídos; Enxeñaría química.
    – Con dúas bolsas, Didácticas especiais.

    Lista de agarda: Bioquímica, xenética e inmunoloxía, Bioloxía vexetal e ciencias do solo, Enxeñaría química, Psicoloxía evolutiva e comunicación.

  4. Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio económico para a organización da “Feira internacional do emprego universitario”, a celebrar en Porto e Vigo.
    Apróbase unha axuda de 2.300 € para a organización, e 1.200 € para o patrocinio.
  5. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para desenvolver no Campus de Pontevedra a “I Conferencia internacional de videoxogos e publicidade: comunicación e persuasión”.
    Asígnase unha axuda de 2.500 €.
  6. Acordo que proceda sobre a solicitude presentada por AEMPE para a organización en Pontevedra das III Xornadas técnicas de achegamento das PYMES á Universidade de Vigo.
    Apróbase unha axuda de 2.600 €.
  7. Rogos e preguntas.