Colaboracións e patrocinios

Comunicación acolleu a “I Conferencia Internacional sobre Videoxogos e Publicidade” apoiada polo Consello Social

2020-02-21T18:47:35+00:0026 de Outubro de 2018|Colaboracións e patrocinios, Novas|

Organizadas polo grupo de investigación Comunicación Persuasiva 2, o grupo de innovación docente ComTecArt e a asociación científica Icono 14, e contando co patrocinio do Consello Social, as xornadas que coordina a profesora Beatriz Legerén “buscan pór o foco nas características dos videoxogos como soporte publicitario marcado pola interacción co xogador ou xogadora, así como nas posibilidades que estes produtos supoñen desde o punto de vista do márketing e a publicidade e na súa capacidade de persuasión”, como sinalou na súa inauguración o vicerreitor do campus, Jorge Soto.

Articulada en seis mesas de debate, complementadas á súa vez pola presentación dunha serie de comunicacións, esta primeira xornada puxo o foco nos ámbitos do videoxogo e a publicidade.