O acto foi inaugurado polo reitor da USal, Ricardo Rivero no Paraninfo de las Escuelas Mayores de la Universidad de Salamanca.
Durante o acto inaugural procedeuse á firma do convenio entre ALUMNI España e a Coordinación de Representantes de Estudiantes de Universidades Públicas (CREUP).
Dentro do conxunto de actividades, na aula Francisco Salinas, o reitor participou xunto a Susana García Espinel, directora de Santander Universidades e Universia España; Ernesto Pedrosa Silva, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo; e Bernardo Hernández, emprendedor tecnolóxico e membro do Consejo Asesor de ALUMNI-USAL, no coloquio titulado “Fomento e desenvolvemento do mecenado na universidade española”, que foi moderado polo xornalista de RTVE e membro do Consejo Asesor de ALUMNI-USAL, Sergio Martín Herrera.
Os temas que se trataron son diversos, pero sempre ao redor da figura de Alumni: “Boas prácticas e proxectos con valor nas Entidades ALUMNI”, “Marco para a autoevaluación das universidades españolas e mellora das súas actuacións en materia de emprego e empregabilidade”,”A nova normativa de protección de datos para as Entidades ALUMNI” e “A relación entre universidade e empresa”, entre outros.
No encontro tamén se reuniu a asemblea xeral de ALUMNI España.