Comisión de actividades e servizos

Apróbase a publicación da memoria 2017 do Consello e concédense diversas axudas e asignacións

2018-12-04T09:08:03+00:0020 de Novembro de 2018|Comisión de actividades e servizos|

O martes, día 20 de novembro de 2018, ás 12:10 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (11.10.2018).
Apróbase por asentimento.

2.- Informe do presidente.
Os asistentes dan a súa conformidade á proposta.

3.- Acordo que proceda sobre a solicitude de colaboración presentada pola Facultade de Belas Artes para a impresión dun catálogo “Do final e do comezo do curso”.
Apróbase unha axuda de 2.184,07€ máis IVE. 

4.- Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda económica presentada pola Vicerreitoria de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, para organizar a Gala do Deporte da Universidade de Vigo.
Concédese unha asignación de 2.800€. 

5.- Acordo que proceda sobre a petición presentada polas Aulas de Formación Aberta, alumnos do programa de maiores da Universidade de Vigo, para o curso 2018/2019.
Concédese unha axuda de 1.600€.

6.- Aprobación, se procede, da convocatoria de Prácticums para o curso 2018/2019 e da dotación económica correspondente, para elevación ao Pleno.
A Comisión dá a súa aprobación inicial á convocatoria nos termos actuais, á espera do informe solicitado por se procedese revisar o acordo, ben dende o Pleno ou dende a propia Comisión.

7.- Aprobación, se procede, da Memoria de Actividades do Consello Social correspondente ao ano 2017, e da edición da publicación en soportes dixital e impreso.
Autorízase a edición de 300 exemplares por 4.582,20€, ademais de 50 pen drives por 1.051€.

8.- Acordo que proceda sobre a colaboración solicitada polo profesor Fernando Ramos para a presentación do libro “Libertad de expresión y daños a la Corona”.
A Comisión ACORDA aprobar unha axuda máxima de 1.200€ para a organización do evento.

9.- Rogos e preguntas.