Aprobación de taxas de cursos propios, oferta de emprego PDI, adhesión a Triptolemos, participar na fundación de AQUAVALOR, complementos a profesores

2018-12-18T17:45:56+00:001 de Decembro de 2018|Pleno|

O venres, 30 de novembro de 2018, desde as 12:00 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (26.07.2018).
Apróbase por asentimento

2. Informe do Presidente.

3. Informe do Reitor.

4. Información sobre a oferta de emprego público do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2018.
O Pleno dá a súa conformidade

5. Aprobación, se procede, da finalización da adhesión da Universidade de Vigo ao Consello de universidades da Fundación Triptolemos para desenvolvemento agroalimentario.
O Pleno dá a súa aprobación

6. Aprobación, se procede, das taxas dos seguintes cursos propios:

  • I Curso de formación en “Adestramento deportivo de alto rendemento”
  • IV Curso de formación en “Deseño de sistemas encaixados en FPGAS con XILINX VIVADO”
  • I Curso de especialista en “Innovación, competitividade e emprendemento en torno ao mar”
  • I Curso de especialista en “Refalado interlingüístico (inglés-español)”

O Pleno dá a súa aprobación

7. Aprobación, se procede, da participación da Universidade de Vigo como socio fundador na futura creación do “Centro de valorización y transferencia de tecnología del agua” (AQUAVALOR)
O Pleno dá a súa aprobación 

8. Informe que proceda sobre a proposta de modificación do título oficial da Universidade de Vigo “Máster en Estudos ingleses avanzados e as súas aplicacións”. (Consello de Goberno do 8 de outubro de 2018).
O Pleno informa favorablemente

9. Complementos a profesores polo labor docente e investigador, pola excelencia curricular docente e investigadora e polos cargos de xestión. (Convocatoria de 2017). Avaliación aprobada pola ACSUG.
O Pleno acorda a asignación

10. Informe de títulos expedidos. Taxas e Memorias de Cursos Propios.
O Pleno dáse por informado

11. Asuntos varios. Nova web do Consello Social
O Pleno dáse por informado

12. Ratificación, se procede, da aprobación da reasignación definitiva das Bolsas-colaboración concedidas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional á Universidade de Vigo para o curso 2018/2019.
O Pleno ratifica a aprobación

13. Outros asuntos.
O Pleno dáse por informado

14. Aprobación, se procede, da convocatoria de axudas a Prácticums preprofesionais para o curso 2018/2019, e da dotación económica correspondente para o seu desenvolvemento.
O Pleno dá a súa aprobación

15. Memoria de actividades do Consello Social.
O Pleno dáse por informado

16. Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo durante os meses de xullo, agosto e setembro.
O Pleno dáse por informado

17. Rogos e preguntas.
Preguntas de Natalia Zunzunegui, Oscar Moldes e Manuel González