Liquídase o orzamento de ingresos e gastos 2018, apróbanse acordos e propostas da Comisión de Economía e da CAS e diversas colaboracións e patrocinios

2019-06-04T18:04:43+00:0020 de Abril de 2019|Pleno|

O martes, 16 de abril de 2019, ás 12:05 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (27.12.2018).
    Apróbase co voto en contra de don Xosé M. Atanes.
  2. Informe do presidente.
  3. Informe do Reitor.
  4. Calendario e procedemento para a aprobación de verificación e modificación de titulacións de Grao, Máster e Doutoramento, para o curso 2020/2021.
    O Pleno dáse por informado.
  5. Informe sobre as declaracións de interese de novas titulacións de Grao, Máster e Doutoramento para o curso 2020/2021.
    O Pleno dá a súa conformidade.

Informes, acordos e propostas da Comisión Económica (sesión do 28 de febreiro de 2019)

  1. Liquidación do orzamento de ingresos e gastos da Uvigo no exercicio 2018. Informe de execución consonte o Real Decreto-Lei 14/2012, do 20 de abril.
    O Pleno dáse por informado.
  2. Aprobación definitiva, se procede, da creación da spin-off EM3 Works e da participación da UVigo, consonte acordo do Consello de Goberno do 22 de xaneiro de 2019 e informe previo do Consello Social en Pleno do 27 de decembro de 2018.
    Ratifícase a aprobación.
  3. Informes de control e seguimento da cesión de espazos universitarios e da xestión do patrimonio da UVigo.
    O Pleno dá a súa conformidade.
  4. Convenios asinados pola UVigo en decembro de 2018 e xaneiro de 2019.
    O Pleno dáse por informado.

Propostas e acordos, con informes favorables, da Comisión de Actividades e Servizos (sesión do 19 de febreiro de 2019)

  1. Ratificación, se procede, do patrocinio do “Barómetro da empregabilidade dos alumnos da UVigo.
    O Pleno dá a súa conformidade.
  2. Outros asuntos. Patrocinios e axudas.
    O Pleno dá a súa conformidade.

Propostas e acordos, con informes favorables, da Comisión de Actividades e Servizos (sesión do 26 de marzo de 2019)

  1. Ratificación, se procede, do patrocinio dun estudo para coñecer a formación complementaria que precisaron os titulados no mercado laboral e das que se deberían impartir pola súa utilidade.
    O Pleno ratifica o acordo da Comisión.
  2. Ratificación, se procede, da distribución e asignación das axudas previstas na convocatoria de apoio a titulacións que precisan fomentar as prácticas preprofesionais.
    O Pleno aproba a distribución que se propón.
  3. Ratificación, se procede, do patrocinio das “V Xornadas de Mecenado e Fundraising”, organizadas polo Consello Social o 9 e 10 de maio en Vigo.
    O Pleno aproba a proposta.
  4. Outros acordos. Axudas e patrocinios.
    O Pleno dá a súa conformidade.
  1. Convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de febreiro e marzo.
    O Pleno dáse por informado.
  2. Aprobación, se procede, da colaboración do Consello Social no proxecto “Ciencia cidadá: participación na obtención de datos para a investigación científica”, con especial incidencia na educación secundaria.
    Apróbase a colaboración.
  3. Rogos e preguntas.
    Pregunta de Antonio Macho ao que responde o vicerreitor Manuel Ramos.