Comisión de actividades e servizos

Apróbanse diferentes axudas, o convenio coa FUVI para as prácticas de estudantes e a edición de carpetas-guía para o novo alumnado

2019-05-24T10:24:28+00:0022 de Maio de 2019|Comisión de actividades e servizos|

O martes, día 21 de maio de 2019, ás 12:35 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (26.03.2019).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda presentada polos organizadores do “XIII Congreso nacional de materiais compostos”, previsto en Vigo.
    A Comisión aproba unha axuda de 4.000 €.
  4. Acordo que proceda sobre a petición de apoio económico para a organización en Vigo do Congreso internacional de Matemáticas “2019 Interdisciplinary colloquium in Topology and its applications”.
    Apróbase unha achega de 2.100 €.
  5. Acordo que proceda sobre a proposta de convenio de colaboración coa Fundación Universidade de Vigo (FUVI) para o exercicio 2019, orientada ás prácticas dos estudantes. Dotación económica.
    Informar favorablemente ao Pleno, cunha dotación de 30.000 €.
  6. Acordo que proceda sobre a solicitude dunha axuda para colaborar na organización da sexta edición do “Pont-Up Store 2019: espazo de emprendemento”, previsto en Pontevedra.
    Concédese unha axuda de 3.600 €.
  7. Acordo que proceda sobre a petición de axuda para a participación do equipo de alumnos UVigo Motorsport na competición interuniversitaria europea “Fórmula Student”.
    Apróbase unha axuda de 2.100 €.
  8. Acordo que proceda sobre a proposta de patrocinio de actividades para a concienciación social sobre o valor da ciencia e a innovación, e para a difusión de experiencias científico- tecnolóxicas entre xoves estudantes, dentro das Aulas Tecnópole.
    Apróbase unha axuda de 7.500 € + IVE.
  9. Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda para elaborar material de divulgación sobre a exposición permanente de rochas e materiais instalada na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía.
    Concédese unha axuda de 1.427,80 €.
  10. Acordo que proceda sobre a edición e distribución de carpetas-guía de acollida ao novo alumnado que se matricule na UVigo no curso 2019-2020. Asignación económica.
    Aprobar unha dotación máxima de 8.300 € para a impresión das carpetas.
  11. Rogos e preguntas.
    Non hai.