Comisión económica

Infórmase favorablemente da conta de liquidación do orzamento da UVigo e das contas anuais da FUVI, CUSA e CITEXVI

2019-10-22T13:13:49+00:0026 de Xuño de 2019|Comisión económica|

O mércores, día 19 de xuño de 2019, ás 12:00 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (28.02.2019).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do Presidente.
  3. Conta de liquidación do orzamento da UVigo correspondente ao exercicio 2018. Informe de auditoría e Memorando de recomendacións. Acordo para elevación ao Pleno.
    A Comisión acorda elevar informe favorable ao Pleno. 
  4. Incorporación nas aplicación orzamentarias do exercicio 2019, con cargo ao remanente de libre disposición, de importes relacionados con contratos asinados ao abeiro do artigo 83 da LOU.
    Acórdase dar a autorización e informar favorablemente ao Pleno.
  5. Análise e revisión das contas anuais e do informe de auditoría da Fundación Universidade de Vigo (FUVI). Acordo que proceda para elevación ao Pleno.
    A Comisión acorda informar favorablemente ao Pleno.
  6. Análise e revisión das contas anuais e do informe de auditoría de Cidade Universitaria (CUSA). Acordo que proceda para elevación ao Pleno.
    A Comisión acorda informar favorablemente ao Pleno.
  7. Análise e revisión das contas anuais e do informe de auditoría da Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI). Acordo que proceda para elevación ao Pleno.
    A Comisión acorda elevar informe favorable ao Pleno.
  8. Recepción e análise do informe de auditoría operativa sobre “Procedementos (solicitude, tramitación e xustificación) nos gastos en proxectos internacionais de cooperación educativa”.
    A Comisión acorda informar favorablemente e recomendar a aplicación.
  9. Aprobación, se procede, da prórroga á empresa auditora Baker Tilly Fmac para realizar o informe de auditoría de contas da UVigo correspondente aos exercicios 2019 e 2020, consonte o expediente 325/17.
    A Comisión dá a súa aprobación para elevar ao Pleno.
  10. Informe sobre os convenios asinados pola UVigo no mes de maio.
    A Comisión dáse por informada.
  11. Rogos e preguntas.
    Proposta de Jesús Graña.