Durante o acto, celebrado na tarde do martes 18 de xuño, a dirección de Povisa anunciou que o hospital contratará os 60 alumnos e alumnas graduados da IX promoción de Grao de Enfermería.
No evento, alén de Ernesto Pedrosa, participou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, o conselleiro delegado do Hospital Povisa, José Bernardo Silveira, a presidenta do Consello Económico e Social de Galicia, Corina Porro e Alfonso García, director da Escola de Enfermería.
Alberto Fernández Villar, xefe de Neumoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro, impartiu a conferencia maxistral da graduación .