O portal do Observatorio de Persoas Tituladas foi presentado o martes 9 de xullo nun acto no que participaron o director do Observatorio –Luís Espada–, o reitor da Universidade de Vigo –Manuel Reigosa– e o presidente do Consello Social –Ernesto Pedrosa–.
“Fidelizamos unhas 12.000 tituladas e titulados dos preto de 71.500 que entre os anos 1989 e 2015 se graduaron na Universidade de Vigo”, dixo o director do observatorio. Os 12.000 egresadas e egresados, teñen por orixe case de 70 países diferentes.
Ernesto Pedrosa, agradeceu a “laboriosa e heroica” dedicación de Espada e Martínez Cacharrón e destacou que os egresados e as egresadas constitúen un “elemento imprescindible” para a Universidade