Aprobación do Grao e da Facultade en Deseño e Creación e de de diferentes acordos, convenios e informes, diversos prezos públicos e tarifas, e modificación da RPT do PAS laboral

2019-09-25T18:38:43+00:0010 de Setembro de 2019|Pleno|

O martes, 30 de xullo de 2019, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (27.06.2019).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Informe do Reitor.
  4. Novo Grao en Deseño e Creación. Informe que proceda.
    O Pleno acorda emitir informe favorable.
  5. Creación da Facultade de Deseño e Creación. Informe que proceda.
    O Pleno acorda emitir informe favorable.
  6. Informe que proceda sobre as propostas de modificación/verificación (consonte acordo do Consello de Goberno do 29 de xullo de 2019), de títulos de Grao, Máster e Doutoramento, para o curso 2020/2021 na Uvigo.
    O Pleno acorda emitir informe favorable sobre os títulos e aproba a declaración.
  7. Informe que proceda sobre a modificación parcial da RPT de PAS laboral.
    Infórmase favorablemente.
  8. Aprobación, se procede, dos prezos públicos dos Obradoiros a desenvolver no curso 2019/2010, nos Campus de Ourense, Pontevedra e Vigo.
    O Pleno aproba os prezos.
  9. Aprobación, se procede, dos prezos públicos na UVigo, para o curso 2019/2020, por matrículas e distintos servizos de Xestión e Administrativos para o Programa de Maiores e para o Alumnado Visitante Estranxeiro.
    Apróbase por asentimento.
  10. Aprobación, se procede, da modificación do prezo por gastos administrativos asociados ao procedemento de anulación de matrícula.
    Apróbase por asentimento.
  11. Aprobación, se procede, da proposta de actualización das tarifas por actividades deportivas correspondentes ao 2019.
    O Pleno dá a súa aprobación.
  12. Memorando de recomendacións que se incorpora ao informe de auditoría de contas da UVigo, correspondente ao exercicio 2018.
    O Pleno dáse por informado.

Asuntos aprobados en Consello de Goberno do 26 de xuño de 2019, remitidos ao Consello Social para informe previo e preceptivo consonte os artigos 75.4.e) e 75.4.f) da Lei 6/2013, do Sistema universitario de Galicia.

  1. Acordo que proceda sobre o convenio coa Consellería de Presidencia e a Consellería de Facenda para a cesión á UVigo de espazos no Edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra.
    O Pleno dá a súa aprobación.
  2. Informe que proceda sobre a creación do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procedementos Industriais (CINTECX).
    O Pleno informa favorablemente.
  3. Informe que proceda sobre o convenio de colaboración co Ministerio de Defensa para a adscrición á UVigo do Centro Universitario de Defensa, sito na Escola Naval de Marín.
    O Pleno informa favorablemente.
  4. Informe que proceda sobre a denuncia do convenio de adscrición á UVigo do Instituto Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE).
    Apróbase por asentimento.
  5. Informe sobre os convenios asinados pola UVigo no mes de xuño de 2019.
    O Pleno dáse por informado.
  6. Rogos e preguntas.
    Non hai.