Comisión de actividades e servizos

Apróbanse diversas axudas e patrocinios para xornadas, congresos, conferencias e actividades

2019-09-17T11:50:06+00:0016 de Setembro de 2019|Comisión de actividades e servizos|

O xoves, día 12 de setembro de 2019, ás 12:40 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (21.05.2019).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda para a realización do proxecto expositivo “Intérpretes pioneiras (1900-1953): tendendo pontes”, na Facultade de Filoloxía e Tradución.
    Apróbase unha axuda de 1.000€.
  4. Acordo que proceda sobre a petición de apoio para as xornadas “A outra cara do monte”, organizadas dende o Laboratorio de Micoloxía, da Facultade de Bioloxía.
    Apróbase unha achega máxima de 900€.
  5. Acordo que proceda sobre a proposta de colaboración na organización do congreso internacional “Lingua e violencia: mediacións literarias na era do Antropoceno”.
    Concédese unha axuda de 1.176,50 €.
  6. Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda presentada para a organización do VII Ciclo de conferencias de Dereito Concursal, con relatorios a cargo de expertos nacionais.
    Apróbase a axuda de 1.000€.
  7. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada pola Asociación de alumnos “Aulas de formación Aberta”, do Programa de maiores da UVigo, para actividades a realizar no curso 2019/2020.
    Apróbase a achega de 2.600€.
  8. Acordo que proceda sobre a petición de axuda para organizar a International Conference “Workshop on Language and the Brain”, promovido dende a Facultade de Filoloxía e Tradución.
    Apróbase a axuda de 2.400€.
  9. Acordo que proceda sobre a solicitude de patrocinio para o “I congreso de debates electorais televisados e novas formas de comunicación política”, previsto no Campus de Pontevedra.
    Apróbase unha achega máxima de 2.000€.
  10. Rogos e preguntas.
    Non hai.