Colaboracións e patrocinios

O Consello Social colabora coa 4ª edición da Feira Internacional de Emprego, FINDE.U

2020-09-28T12:46:29+00:0018 de Outubro de 2019|Colaboracións e patrocinios, Novas, Responsabilidade social|

Chega unha nova feira Finde.U convertida nun dos grandes referentes de intermediación laboral universitaria do noroeste peninsular. A cita é os días 22 e 23 de outubro no Instituto Feiral de Vigo e o 29 e 30 na Exponor de Porto. Como principal novidade destaca a incorporación de empresas do ámbito biotecnolóxico e firmas das áreas xurídica e social que se suman ás de carácter tecnolóxico –as habituais neste evento–.

As feiras organizadas polas universidades de Vigo, Porto e Tras-os- Montes e Alto Douro, volverán darlle a oportunidade a estudantes e persoas tituladas de todas as áreas de coñecemento de manter contacto directo con organizacións e empresas que demandan talento universitario. Ademais, durante os dous días de duración, expertos e expertas en coaching, orientación e emprendemento dos departamentos de recursos humanos das empresas participantes impartirán diferentes obradoiros e relatorios relacionados coa busca de emprego para mellorar a empregabilidade das persoas asistentes.

Esta cuarta edición conta coa colaboración do Consello Social da Universidade de Vigo.

[Con informacións recollidas dunha nova do DUVI]