Comisión económica

A Comisión informa favorablemente sobre o orzamento e teito de gasto de 2020 e a oferta pública de emprego do PAS da UVigo

2021-01-19T11:18:35+00:0016 de Decembro de 2019|Comisión económica|

O luns, día 16 de decembro de 2019, ás 12:00 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (19.06.2019).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do Presidente.
  3. Informe sobre o teito de gasto anual da UVigo para o exercicio orzamentario de 2020, consonte o disposto no Real Decreto 14/2012, do 20 de abril.
    Emítese informe favorable.
  4. Aprobación, se procede, da proposta de orzamento da UVigo para o exercicio de 2020. Elevación ao Pleno.
    A Comisión informa favorablemente para remisión ao Pleno.
  5. Aprobación, se procede, da doazón á UVigo do equipo T2010A LTE Wireless Communications Test Set, da empresa Keysight Technologies.
    A Comisión informa favorablemente para remisión ao Pleno.
  6. Informe sobre a Oferta pública de emprego do Persoal de Administración e Servizos da UVigo para o ano 2019.
  7. A Comisión informa favorablemente.
  8. Propostas de enfoque e metodoloxía para o próximo informe de auditoría operativa sobre “Estrutura, funcionamento e xustificación de proxectos internacionais de cooperación e de investigación noutras universidades españolas, financiados con fondos europeos”. Encargo á empresa auditora.
    Apróbase o encargo.
  9. Informe sobre os convenios asinados pola UVigo no mes de novembro de 2019.
    A Comisión dáse por informada.
  10. Rogos e preguntas.
    Non hai.