Un pleno telemático aproba a declaración de interese das novas e modificadas titulacións, os prezos das residencias, a liquidación do orzamento da UVigo 2019 e diversas axudas e participación en empresas e entidades

2021-01-19T11:10:25+00:0022 de Abril de 2020|Pleno|

O mércores, 22 de abril de 2020, ás 11:30 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (27.12.2019).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Informe do reitor.
  4. Calendario e procedemento para a aprobación de verificación e modificación de títulos de Grao, Máster e Doutoramento para o curso 2021/2022. (C.G. 22.01.2020).
    O Pleno dáse por informado.
  5. Informe sobre as solicitudes de Graos Abertos para o curso 2020/2021. (C.G. 24.03.2020).
    O Pleno informa favorablemente.
  6. Informe sobre as declaracións de interese de novas titulacións de grao, máster e doutoramento para o curso 2021/2022.
    https://www.uvigo.gal/estudar/que-estudar/implantacion-modificacion-titulacions.html
    O Pleno informa favorablemente.
  7. Informe sobre as declaracións de interese de modificación de titulacións de grao, máster e doutoramento para o curso 2021/2022.
    https://www.uvigo.gal/estudar/que-estudar/implantacion-modificacion-titulacions.html
    O Pleno informa favorablemente.
  8. Aprobación, se procede, dos prezos das residencias universitarias para o curso 2020- 2021. (G.G. 24.03.2020).
    Apróbase por asentimento.

Propostas, con informe favorable, acordos e informes da Comisión Económica (sesión do 28 de febreiro de 2020).

  1. Liquidación do orzamento de 2019 da UVigo. Carta de avance de auditoría, consonte Real Decreto-Lei 14/2012.
    O Pleno dáse por informado.
  2. Solicitude de información respecto da situación económica e solvencia da UVigo.
    O Pleno dáse por informado.
  3. Aprobación definitiva da creación e da participación da UVigo no capital social da empresa “Blue Structure” (Consello de Goberno do 22 de xaneiro de 2020).
    Apróbase por asentimento.
  4. Aprobación da participación da UVigo nas asociación “Infab Hub” e “Interval” (Consello de Goberno do 22 de xaneiro de2020).
    Apróbase por asentimento.
  5. Control e seguimento da aplicación do Regulamento de xestión do patrimonio da UVigo respecto de doazóns menores e correntes, e control e seguimento da Normativa de xestión e dispensas de pago de espazos universitarios.
    O Pleno dáse por informado.
  6. Acordo sobre a asignación singular e individual de complementos a profesores, correspondentes á convocatoria de 2018 e consonte resolución da ACSUG.
    O pleno ratifica a asignación de complementos.
  7. Informe sobre a aplicación e aproveitamento das recomendacións da auditoría operativa sobre “Procedementos nos gastos en proxectos internacionais de cooperación educativa”.
    O Pleno dáse por informado.
  8. Convenios asinados pola UVigo en decembro de 2019 e xaneiro de 2020.
    O Pleno dáse por informado.

Propostas, con informe favorable, e acordos da Comisión de Actividades e Servizos (sesión do 18 de febreiro de 2020).

  1. Proposta de aprobación da distribución de axudas correspondentes á convocatoria aberta de Prácticums, promovida dende o Consello Social para fomentar prácticas preprofesionais.
    O pleno ratifica a aprobación.
  2. Proposta de aprobación, con carácter excepcional para 2020, da axuda precisa para o desenvolvemento de actividades propias do Observatorio de egresados.
    O pleno ratifica a proposta da Comisión.
  3. Outros acordos.
    O Pleno dáse por informado.
  4. Rogos e preguntas.
    Diversas intervencións e manifestacións transmitindo felicitacións e parabéns ao equipo de goberno polo seu “magnífico” traballo, polas medidas que están tomando, por non desvirtuar as titulacións, pola xestión durante a crise, e por como se está intentando salvar o curso e por poder retornar á normalidade canto antes, extensivo a toda a comunidade universitaria ao completo (PAS, en concreto, PDI e estudantado) polo seu extraordinario comportamento. O Reitor agradece e Ernesto Pedrosa –que se suma aos parabéns á comunidade universitaria– pon punto final.