Comisión executiva

A Comisión Executiva actualiza taxas e aproba memorias finais de diversos cursos e unha axuda para “Patrón industrial 2020”

2020-05-11T17:47:38+00:0011 de Maio de 2020|Comisión executiva|

O venres día 13 de marzo de 2020, ás 13:10 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión Executiva do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (05.11.2019).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Avaliación do informe sobre o nivel de transparencia da UVigo e a contribución do Consello Social. Comparecencia do coordinador da Unidade de Análisis e Programas da UVigo.
  4. Informe que proceda sobre doazóns bibliográficas á UVigo rexistradas durante 2019.
    A Comisión dáse por decatada.
  5. Corrección e actualización da modificación das taxas do I Curso de especialista en “Innovación,competitividade e emprendemento en torno ao mar”.
    A Comisión dá a súa aprobación.
  6. Aprobación, se procede, das taxas dos seguintes cursos:
    – V Curso complementario en “Introdución á simulación FEM e CFD con ANSYS”
    – V Curso de formación en “Análise avanzada da información (Microsoft Excel)”
    – VI Curso de formación en “Programación Java”
    – VII Curso de formación en “Introdución á programación en PYTHON”
    – IX Curso de formación en “Control estatístico de calidade con “R””
    – XVII Curso de formación en “Fundamentos de deseño técnico con SOLIDWORKS”
    Apróbanse as taxas.
  7. Supervisión, se procede, das taxas dos seguintes cursos:
    – I Curso de especialista en “Termalismo e Spa”
    – II Curso de especialista en “Innovación, competitividade e emprendemento en torno ao mar”
    – II Curso de especialista en “Refalado interlingüístico (inglés-español)”
    – I Curso de formación en “Desarrollador de Bases de datos Oracle”
    – III Curso de formación en “Advanced Trading”
    Apróbanse as taxas.
  8. Informe sobre as Memorias finais dos seguintes cursos:
    a) Con aprobación previa do Presidente:
    – II Curso de especialista en “Biomateriais e tecnoloxías biomédicas”
    – I Curso de formación en “Data Mining con “R””
    – II Curso de formación en “Mestría en compostaxe”
    – IV Curso de formación en “Análise avanzada da información (Microsoft Excel)”
    – VI Curso de formación en “Estatística avanzada con “R” para profesionais da saúde”
    – VI Curso de formación en “Introdución á programación en PYTHON”
    – VIII Curso de formación en “Control estatístico de calidade con “R””
    – XV Curso de formación en “Fundamentos de deseño técnico con SOLIDWORKS”
    – II Curso complementario en “Robots colaborativos “universal robots”: fundamentos de programación, configuración e xestión dos sistemas de seguridade”
    – II Curso de formación en “Advanced Trading”
    – IV Curso complementario en “Introdución á simulación FEM e CFD con ANSYS”
    – II Curso de formación en “Actualización en literatura española (ALITES 2019). Don Juan Tenorio, de José Zorrilla”
    – XVII Curso de formación en “Introdución á bolsa”
    – I Curso de especialista en “Refalado interlingüístico (inglés-español)”
    – I Curso de formación en “Deseño e fabricación con Catia V5”
    – I Curso de formación en “Mediación Civil e Mercantil (Lei 5/2012)”
    – VI Curso de formación en “Didáctica da ficción e creación literaria”
    – IX Curso de formación en “Estatística con “R” para investigadores”
    – XVI Curso de formación en “Fundamentos de deseño técnico con SOLIDWORKS”
    b) Sen aprobación previa do Presidente:
    –  I Curso de especialista en “Innovación, competitividade e emprendemento en torno aomar”
    –  VII Curso de formación en “Estatística con “R” para profesionais da saúde”
    –  II Curso de formación en “Iniciación a Catia V5: Módulos CAD-DMU-CAE-CAM”
    Infórmanse favorablemente as memorias finais.
  9. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada pola Delegación de alumnos da Escola de Enxeñaría Industrial, para a organización do “Patrón industrial 2020”.
    Apróbase unha axuda.
  10. Rogos e preguntas.
    Non hai.