Apróbanse diversos prezos públicos, taxas e tarifas e infórmase favorablemente a modificación de títulos de Grao, Mestrado e Doutoramento

2020-09-03T17:38:21+00:003 de Setembro de 2020|Pleno|

O xoves, 30 de xullo de 2020, ás 12:05 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (02.07.2020).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Informe do Reitor.
  4. Incorporación de remanente por causas extraordinarias asociadas a gastos para o inicio do curso.
    O Pleno dá a súa aprobación.
  5. Informe que proceda sobre as propostas de modificación/verificación de títulos de Grao, Mestrado e Doutoramento, para o curso 2021/2022 na UVigo. (Consello de Goberno do 28.07.2020).
    O Peno informa favorablemente.
  6. Aprobación, se procede, da proposta de actualización das tarifas por actividades deportivas correspondentes ao 2020.
    O Pleno aproba a proposta.
  7. Aprobación, se procede, dos prezos públicos dos Obradoiros que desenvolverá a UVigo no curso 2020/2021 nos Campus de Ourense, Pontevedra e Vigo.
    O Pleno aproba a proposta.
  8. Supervisión, se procede, das taxas correspondentes ás seguintes ensinanzas propias:
    – II Curso de formación en “Data Mining con R”
    – VII Curso de formación en “Estatística avanzada con “R” para profesionais da saúde”
    – XVIII Curso de formación en “Fundamentos de deseño técnico con SOLIDWORKS”
    O Pleno ratifica a aprobación das taxas.
  9. Aprobación, se procede, das taxas correspondentes ás seguintes ensinanzas propias:
    – VII Curso de formación en “Didáctica da ficción e creación literaria”
    O Pleno aproba as taxas.
  10. II edición do Curso de formación en “Negociación colectiva e individual no ámbito laboral”. Revisión de incidencias. Aprobación, se procede.
    O Pleno aproba a proposta e a advertencia aos responsables do curso.
  11. Convenios asinados pola UVigo no mes de xuño de 2020.
  12. Rogos e preguntas.
    Prodúcense diversas intervencións.