Comisión executiva

Aprobación de taxas e Memorias finais de diversos cursos, da reasignación definitiva das bolsas do Ministerio de Educación e da autorización de modificación na convocatoria de Prácticums

2020-11-02T18:52:08+00:0029 de Outubro de 2020|Comisión executiva|

O mércores día 21 de outubro de 2020, ás 12:00 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión Executiva do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (13.03.2020).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Supervisión, se procede, das taxas dos seguintes cursos:
    – I Curso de especialista en “Tecnoloxías de quinta xeración (5G)”
    – II Curso de especialista en “Desenvolvemento de software e negocio dixital”
    – II Curso de especialista en “Electrónica para compoñentes da automoción”
    – II Curso de especialista en “Tecnoloxías de quinta xeración (5G)”
    – III Curso de especialista en “Tradución para a industria do videoxogo”
    – III Curso de formación en “Negociación colectiva e individual no ámbito laboral”
    – X Curso de formación en “Estatística con “R” para investigadores”
    – XIX Curso de máster/especialista en “Auditoría e contabilidade”
  4. Aprobación, se procede, das taxas dos seguintes cursos:
    – I Curso complementario en “Competencias transversais para o futuro laboral”
    – II Curso complementario en “Ecografía básica en fisioterapia: sonoanatomía”
    – V Curso complementario en “Pilates en mat para fisioterapeutas”
    – VIII Curso de formación en “Estatística con “R” para profesionais da saúde”
    Apróbanse as taxas dos cursos nomeados nos puntos 3 e 4.
  5. Informe sobre as Memorias finais dos seguintes cursos:
    a) Con aprobación previa do Presidente:
    – I Curso complementario en “Ecografía básica en fisioterapia: sonoanatomía”
    – I Curso de especialista en “Tradución para a industria do videoxogo”
    – XVII Curso de máster/especialista en “Auditoría e contabilidade”
    – IV Curso complementario en “Pilates en mat para fisioterapeutas”
    – III Curso de formación en “Advanced trading”
    – II Curso de especialista en “Refalado interlingüístico (inglés-español)”
    – II Curso de formación en “Data mining con R”
    – VII Curso de formación en “Estatística avanzada con R para profesionais da saúde”
    – IX Curso de formación en “Control estatístico de calidade con R”
    Infórmanse favorablemente as Memorias finais.
  6. Aprobación, se procede, da reasignación definitiva das Bolsas-colaboración asignadas á UVigo polo Ministerio de Educación e Formación Profesional para o curso 2020/2021.
    A Comisión acorda informar favorablemente dun repato que se detalla no documento da acta.
  7. Autorización da modificación xustificada do programa da convocatoria de Prácticums e do desenvolvemento telemático das actividades, en atención as circunstancias excepcionais provocadas pola COVID-19.
    A Comisión dá a súa conformidade.
  8. Análise e acordo que proceda sobre a posible aplicación do disposto nos artigos 79.1e) e 80.3) da Lei 6/2013 do SUG, e do artigo 11 do Regulamento do Consello Social.
  9. Rogos e preguntas.
    Intervención de Javier Garrido, petición do conxunto das persoas asistentes e aceptación de dita petición por parte do Reitor.