O Pleno aproba a recepción de fondos asociados á situación da covid-19, a colaboración con eDestrezas, os prezos para investigadores visitantes e a modificación de títulos de grao, máster e doutoramento para o curso 20-21

2020-10-06T18:10:05+00:006 de Outubro de 2020|Pleno|

O mércores, 30 de setembro de 2020, ás 12:05 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (30.07.2020).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Informe do reitor.
  4. Informe que proceda sobre as propostas de modificación/verificación de títulos de Grao, Máster e Doutoramento para o curso 2021/2022 na UVigo.
    O Pleno informa favorablemente.
  5. Informe previo que proceda sobre a creación da empresa Unmanned Galicia, S.L., como EBT da UVigo, participación da universidade e contraprestacións aplicables.
    Infórmase favorablemente.
  6. Incorporación de remanente de libre disposición.
  7. Solicitude de incorporación de remanente.
    O Pleno autoriza as solicitudes dos puntos 6 e 7.Propostas e acordos da Comisión de Actividades e Servizos (22 de setembro de 2020).
  8. Ratificación, se procede, da proposta de colaboración co programa “eDestrezas”, para fomentar as competencias dixitais entre o estudantado e o persoal da UVigo nos tres Campus.
    Ratifícase o acordo da Comisión.
  9. Outros acordos, axudas e iniciativas.
    O Pleno dáse por informado.
  10. Convenios asinados pola UVigo nos meses de xullo e agosto de 2020.
    O Pleno dáse por informado.
  11. Prezos públicos aplicables ao persoal investigador visitante a partir do curso 2020/2021.
    O Pleno aproba os prezos.
  12. Recepción de fondos extraordinarios asociados á situación provocada pola COVID19. Incorporacións de remanente.
    O pleno autoriza a solicitude.
  13. Rogos e preguntas.
    Interveñen: Natalia Zunzunegui, Manuel G. Piñeiro, Martín Moreno, Xosé Manuel Atanes, Manuel Ramos, Juan Manuel Vieites, Javier Garrido e Manuel Reigosa.