Comisión de actividades e servizos

A Comisión aproba diversos patrocinios, achegas e subvencións

2021-01-21T17:29:25+00:0018 de Novembro de 2020|Comisión de actividades e servizos|

O mércores, día 18 de novembro de 2020, ás 12:05 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (22.09.2020).
    Apróbase por asentimento
  2. Informe do presidente. Avance 2021. Propostas Plan de actuacións.
  3. Asuntos pendentes.
  4. Acordo que proceda sobre a participación do Consello Social nas Xornadas “sODStendo o Planeta. Semana da Axenda 2030 na UVigo”, en colaboración coa Vicerreitoría de Responsabilidade Social, e patrocinio do Premio CS_UVigoHumana.
    Apróbase a achega.
  5. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada por ESDEMGA para organizar o Programa “Debut 2020”, para conectar aos estudantes do centro coas empresas téxtiles.
    Apróbase unha axuda.
  6. Acordo que proceda sobre a petición de apoio ao “I Encontro Universidade-Empresa”, organizado pola Asociación da pequena e mediana empresa de Pontevedra.
    Apróbase unha axuda.
  7. Acordo que proceda sobre a petición de patrocinio da publicación Ensayos académicos. Iberoamérica y Galicia, do que é autor José María Franco.
    Apróbase un patrocinio/adquisición dun determinado número de exemplares.
  8. Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio económico para a publicación do libro La conciliación: un derecho imprescindible en el siglo XXI, sobre un traballo de Raquel Ma Vázquez.
    Apróbase un patrocinio/adquisición dun determinado número de exemplares.
  9. Aprobación, se procede, da convocatoria de Prácticums para o ano 2021, e da dotación económica correspondente. Revisión das bases e adaptación de ser o caso.
    Proponse abrir unha nova convocatoria para o curso 2020-2021, con unha dotación económica global e un máximo por centro. 
  10. Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio económico presentada pola Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, para divulgar os seus coñecementos entre a sociedade, a través da Aula Aberta á Tecno-Ciencia.
    Concédese a axuda.
  11. Modificación do acordo da sesión de 21 de maio, sobre a execución da axuda concedida para a posta en marcha da web “Comunidade Alumni” da UVigo.
    A Comisión dá a súa aprobación.
  12. Modificación do acordo da sesión de 21 de maio, sobre a execución da axuda concedida para colaborar na organización de “Pont Up Store 2020: espazo de emprendemento”.
    A Comisión dá a súa aprobación.
  13. Acordo que proceda sobre a edición, en galego e castelán, do traballo “Estudo sobre o impacto laboral da primeira onda da COVID-19 nas persoas tituladas da UVigo”, elaborado dentro do proxecto Observatorio de Egresados.
    Apróbase unha asignación. 
  14. Rogos e preguntas.
    Intervén José María Franco e responde o secretario Ignacio Rodríguez.