ESTA É UNHA ACTUALIZACIÓN SOBRE UNHA NOVA DO 21 DE OUTUBRO:
O Observatorio de Persoas Tituladas acaba de publicar un novo vídeo cos principais datos sobre a situación socio-laboral das persoas tituladas da UVigo entre 1990-2015.
Alén dos resultados globais obtidos no último estudo publicado sobre inserción laboral, móstrase unha desagregación dos mesmos por xénero, evolución quinquenal, ámbitos académicos, tipoloxía de estudos realizados, lugar de residencia e titulacións.
Preme nesta ligazón para ver o vídeo.
A CONTINUACIÓN, A NOVA ORIXINAL:
O Observatorio de Persoas Tituladas vén de publicar un vídeo cos principais resultados do seu estudo sobre o impacto laboral da pandemia nas persoas tituladas da UVigo. Pode verse na canle de YouTube do Observatorio ou simplemente facendo clic na imaxe de máis arriba.
En relación con esta información o Consello publicou varias noticias que se poden consultar nas seguintes ligazóns:
- O estudo do Observatorio de Persoas Tituladas, que contou co apoio do Consello Social, relaciona a baixa porcentaxe de traballadores en ERTE coa súa elevada cualificación
- O Observatorio de Persoas Tituladas, co apoio do Consello, fai un estudo para coñecer o impacto da COVID-19 na situación laboral do antigo alumnado
- O Observatorio de persoas tituladas converte a iniciativa das crónicas do “corpo diplomático” en vídeo
- A instancia do Observatorio de Persoas Tituladas, o “corpo diplomático” da UVigo radiografía a vivencia da COVID-19 a nivel planetario
Tamén podes descargar o Estudo neste enderezo: