Actualidade

VIII Ciclo de Conferencias de Dereito Concursal co apoio do Consello Social

2020-11-25T10:18:04+00:0025 de Novembro de 2020|Sen categorizar|

    O VIII Ciclo de Conferencias de Dereito Concursal (descargar o programa en PDF), que comeza o mércores 25 de novembro e remata o 9 de decembro, convoca a xuíces, letrados da administración da xustiza, profesores universitarios e administradores concursais, a un conxunto de eventos dirixidos polos catedráticos Anxo Tato e Julio Costas, e coordinados por Pablo Fernández Carballo-Calero e Miguel Ángel Bouza, profesores da Área de Dereito Mercantil da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.

    Esta nova edición, confirma o  Ciclo como punto de encontro entre profesionais e estudantado das facultades de Ciencias Xurídicas e do Traballo e Ciencias Económicas e Empresariais, así como persoas interesadas en xeral. A actividade, que se estenderá durante dúas semanas, ofrecerá cinco relatorios –que se desenvolverán de xeito telemático– co obxectivo de achegar cuestións prácticas do Dereito Concursal e principalmente, reflexionar sobre a recente modificación da Lei Concursal.

    A inauguración na que participarán os directores do ciclo e o presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa, é o mércores 25 ás 14h.