Apróbase a oferta de emprego público PAS e PDI, as taxas e memorias de títulos propios, a edición do estudo do Observatorio de Egresados sobre o impacto laboral e a COVID-19, e convócanse as axudas Prácticums 2021

2021-01-19T11:02:47+00:004 de Decembro de 2020|Pleno|

O venres, 4 de decembro de 2020, ás 12:15 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (30.09.2020).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Informe do reitor.
  4. Informe da vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, sobre datos de matrícula, iniciativas e obxectivos para os seguintes cursos.
    O Pleno dáse por informado.

Propostas, acordos e informes da Comisión Executiva (sesión do 21 de outubro de 2020)

  1. Aprobación, se procede da reasignación definitiva das Bolsas-colaboración adxudicadas á UVigo polo Ministerio de Educación para o curso 2020/2021.
    O pleno dá a súa aprobación.
  2. Outros asuntos. Taxas e Memorias finais de títulos propios.Propostas e acordos da Comisión de Actividades e Servizos (sesión do 18 de novembro de 2020).
    O Pleno dáse por informado.

Propostas e acordos da Comisión de Actividades e Servizos (sesión do 18 de novembro de 2020)

  1. Aprobación, se procede, da convocatoria de axudas a Prácticums para o ano 2021, e da dotación económica correspondente. Revisión das bases.
    O Pleno aproba a convocatoria e a modificación das bases.
  2. Aprobación, se procede, da edición impresa, en galego e castelán, do estudo “Impacto laboral da primeira onda da COVID-19 nas persoas tituladas da UVigo”. Traballo feito dentro do Observatorio de Egresados.
    O pleno dá a súa aprobación.
  3. Outros asuntos. Axudas e patrocinios.
    O Pleno dáse por informado.
  4. Información sobre a Oferta de emprego público para o PAS da UVigo en 2020 (Consello de goberno de 20 novembro 2020).
    O pleno dá a súa conformidade.
  5. Información sobre a Oferta de emprego público para PDI da UVigo en 2020 (Consello de goberno de 20 novembro 2020).
    O pleno dá a súa conformidade.
  6. Cursos propios. Taxas e Memorias finais (COAP 17 novembro 2020).
    O Pleno dá a súa aprobación ás taxas do Curso de especialista en “Interpretación simultánea de voz e texto (III edición)”, e ao Curso de Formación en “Intelixencia artificial con Deep Learning (I edición)”, así como á Memoria final sinalada.
  7. Convenios asinados pola UVigo nos meses de setembro e outubro de 2020.
    O Pleno dáse por informado.
  8. Rogos e preguntas.
    O Secretario dá agradecementos polas excepcionais circunstancias nas que se desenvolveu o Pleno.