O informe aborda o complexo asunto da fuga de talento, que non tendo porque ser irreversible e debendo ser entendida como un fenómeno propio da economía, pode converterse nun problema cando, de forma sistemática, marchan persoas con alta formación obrigadas a emigrar, como está a acontecer en Galicia.
O documento dá conta das dificultades ás que se enfrontaron os investigadores dada a falta de estatísticas oficiais para lograr cuantificar a fuga, xa que as fontes existentes só permiten unha aproximación moi xeral. Por ese motivo, o Foro Económico de Galicia recorreu aos resultados dos estudos de inserción laboral realizados polo Observatorio de Persoas Tituladas da UVigo.
Os traballos do Observatorio na base deste informe
O traballo calcula que Galicia incorre anualmente nun custo por formar titulados universitarios que emigran, de, como mínimo, 178 millóns de euros ao ano (no caso de que os alumnos terminen a carreira en catro anos). Esa cantidade alcanza os 311 millóns, en caso de acabar a carreira en 7 anos.
O quinto apartado do documento, titulado “La emigración y movilidad geográfica de las persoas tituladas a través del Observatorio de Persoas Tituladas da UVigo”, desenvolve unha análise destes resultados. Deste xeito, os traballos sobre inserción laboral publicados polo Observatorio de Persoas Tituladas posibilitan un estudo da mobilidade dos estudantes egresados dunha das tres universidades galegas. Porén, os autores lamentan que a UVigo sexa a única universidade que conta con esta información, grazas a que o Consello Social da UVigo ven apostando en analizar esta realidade no antigo alumnado.
Máis información:
Nova na web do Observatorio de Persoas tituladas
Nova nas páxinas do Foro Económico de Galicia
Nova no DUVI
Documentación:
Descarga aquí o documento completo (PDF, 7,8MB)