Colaboracións e patrocinios

Unha nova edición de e_Destrezas que tamén conta coa axuda do Consello Social

2021-01-29T10:20:33+00:0027 de Xaneiro de 2021|Colaboracións e patrocinios|

e_Destrezas é un programa formativo para dar resposta á esixencia por parte do mercado laboral de competencias complementarias que non se adoitan adquirir na formación regrada. Está impulsado pola Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria xunto co Consello Social. A iniciativa busca mellorar as competencias dixitais do alumnado, do persoal de administración e servizos e do profesorado. Esta nova edición consta de dez cursos de entre 24 e 40 horas de duración, todos eles de balde. Os contidos van dende a edición de vídeo á análise de datos, pasando pola tradución, a programación, o deseño ou o cálculo científico.

Dez cursos, a través de Campus Remoto, ao longo de catro meses

O programa de 2021 desenvolverase a través de Campus Remoto ao longo dos meses de febreiro, marzo, abril e maio, dependendo da duración de cada un deles e dos horarios da docencia. Os cursos dez cursos deste ano son os seguintes:

  • Técnicas de produción a través do emprego de ferramentas libres.
  • Ferramentas de tradución asistida por ordenador, MemoQ.
  • Fundamentos de análise e tratamento de datos con Excel.
  • Programación con Scratch e Arduino.
  • Fundamentos e cálculo científico con Matlab.
  • Fundamentos de deseño Cad con Autocad.
  • Python para principiantes
  • Fundamentos de ofimática, unha introdución a Microsoft Word e Microsoft PowerPoint.
  • Aplicación práctica dos conceptos da xestión de proxectos usando Microsoft Project, e
  • Introdución práctica á impresión 3D.

Podes obter máis información descargando este PDF:
Programa e_Destrezas 2021