O venres, día 30 de abril de 2021, ás 12:40 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (19.02.2021).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Acordo que proceda sobre a axuda concedida á Delegación de alumnos da Escola de Enxeñaría Industrial para as actividades formativas e saudables conmemorativas do día do patrón.
Concédese unha achega. - Acordo que proceda sobre a colaboración solicitada pola asociación estudantil intercentros UVigo SpaceLab, para o proxecto de deseño, fabricación, posta en órbita e operación de pequenos satélites.
Apróbase unha achega. - Acordo que proceda sobre a petición de patrocinio ao Consello Social para a dotación do Premio de innovación social, dentro do evento “Hackathon Virtual (HAVI2021)”, aberto a alumnado e cidadáns.
Apróbase unha dotación. - Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio para a “IV Olimpíada galega de Historia. Fai Historia con nós”, prevista no Campus de Ourense.
Apróbase unha achega. - Acordo que proceda sobre a participación do Consello Social na produción e distribución de material de acollida ao alumnado da UVigo no curso 2021-2022, en colaboración coa Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais.
A Comisión propón unha determinada cantidade como achega. - Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para a organización e difusión do congreso “Violencia sexual: antecedentes romanos e regulación actual”, aberto a alumnado e colectivos sociais.
Apróbase unha achega. - Aprobación, se procede e se fose preciso por imponderables dos prazos, da delegación no presidente do Consello Social da distribución previa das bolsas-colaboración asignadas polo Ministerio de Educación á UVigo para o curso 2021/2022, debendo dar conta na primeira reunión que se convoque.
A Comisión aproba a proposta. - Rogos e preguntas.
Non hai.
Acta da reunión da Comisión de Actividades e Servizos do 30 de abril de 2021
Documento PDF, 165 KB