Colaboracións e patrocinios

O programa Destrezas –cursos para a inserción laboral e o emprendemento– conta co apoio do Consello Social

2021-10-19T12:24:13+00:0019 de Outubro de 2021|Colaboracións e patrocinios, Novas|

A Área de Emprego e Emprendemento, a Fundación Universidade de Vigo e o Consello Social levan anos colaborando na posta en marcha do programa Destrezas, unha proposta complementaria á formación académica que ofrece ao alumnado dos últimos cursos a posibilidade de adquirir ou mellorar as súas habilidades de oratoria, traballo en equipo, innovación e creatividade. O programa complétase cun outros tres talleres sobre ferramentas de busca de emprego en inglés. Son en total seis obradoiros que se desenvolverán en horario de mañá entre finais do mes de outubro e o mes de novembro. A formación é de balde e está orientada a estudantes dos dous últimos cursos de grao así como aos participantes no programa Incuvi-2021.

Os primeiros cursos en arrancar serán os de busca de emprego en inglés, logo o fará o obradoiro de oratoria, a seguir o de de traballo en equipo e finalmente se desenvolverá o curso de innovación e creatividade. A admisión realízase por orde de inscrición. O número de prazas é de 30 por curso, salvo no caso dos de  de idiomas, que será de 20.

Para máis información consultar a páxina de Destrezas na web da FUVI

PROGRAMA DESTREZAS