O luns, día 20 de decembro de 2021, ás 11:30 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (23.06.2021).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Informe sobre o teito de gasto da UVigo para o exercicio orzamentario de 2022, ao abeiro do disposto no Real Decreto 14/2012, do 20 de abril.
A Comisión ACORDA elevar informe favorablemente ao Pleno. - Aprobación, se procede, da proposta de orzamento da UVigo para o exercicio de 2022. Acordo que proceda para elevación ao Pleno.
A Comisión ACORDA elevar informe favorablemente ao Pleno. - Informe sobre a proposta de eliminación do prezo público por anulación de matrícula en titulacións oficiais da UVigo (Comisión Económica do Consello Social do 23.06.2021).
A Comisión dáse por informada - Avance do Orzamento do Consello Social para 2022.
Apróbase por asentimento. - Informe sobre a Oferta de Emprego Público do PAS da UVigo para o ano 2021.
A Comisión amosa a súa conformidade. - Informe de seguimento, aplicación e aproveitamento das recomendacións da auditoría operativa sobre “Aportación do Consorcio interuniversitario do SUG a compras e servizos comúns ás tres universidades”, recibida en Pleno de 29 de xullo de 2021.
- Informe de seguimento, aplicación e aproveitamento das recomendacións da auditoría operativa sobre “Análise da relación entre as spin-off e a UVigo, para buscar ferramentas que melloren a medio prazo a posición das spin-off no mercado”.
Respecto aos puntos 8 e 9, a Comisión dáse por informada. - Aprobación, se procede, da cesión temporal de equipos para investigación ao grupo COM da Universidade de Vigo.
A Comisión informa favorablemente. - Informe sobre os convenios asinados pola UVigo nos meses de outubro e novembro de 2021.
A Comisión dáse por informada - Rogos e preguntas.
Interveñen o Secretario e Emilio Zunzunegui.
Acta da Comisión Económica do 20-12-2021
Documento PDF, 169 KB