O martes, día 22 de febreiro de 2022, ás 11:30 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (04.10.2021).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio ao proxecto Clean Energy Ship, promovido polo alumnado da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións para a fabricación dunha embarcación solar.
Apróbase conceder unha axuda. - Acordo que proceda sobre a proposta de elaboración dun Barómetro para coñecer a empregabilidade sostible dos estudantes de mestrados da Universidade de Vigo.
Apróbanse axudas para a elaboración e para a recollida de datos. - Acordo que proceda sobre a solicitude do Observatorio de persoas tituladas, para a edición dixital do terceiro e último informe sobre o impacto laboral da COVID nas persoas tituladas pola UVigo, durante 2021, realizado co apoio do Consello Social.
Apróbase unha achega. - Proposta de renovación dos traballos de mantemento e actualización de contidos textuais e gráficos da web corporativa do Consello Social, durante 2022.
Asígnanse as cantidades correspondentes aos pagos trimestrais durante 2022. - Acordo que proceda sobre a petición de colaboración solicitada polo Instituto de Estudos Vigueses para actividades a desenvolver en 2022.
Apróbase unha achega. - Acordo que proceda, e revisión das circunstancias que concorren, sobre a colaboración especial solicitada pola Asociación de estudantes das escolas de enxeñaría de Vigo e Ourense, para organizar o Foro Tecnolóxico de Emprego.
Concédese unha axuda. - Acordo que proceda sobre a solicitude da Delegación de alumnos de Química para organizar un ciclo de conferencias co obxectivo de visibilizar o protagonismo das mulleres no ámbito científico e abrir perspectivas laborais.
Apróbase unha achega. - Acordo que proceda sobre petición da Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, para elaborar, con carácter urxente, un estudo sobre a inserción laboral dos titulados pola UVigo en Grao e Máster, para participar no QS University Ranking.
Apróbase unha achega. - Acordo que proceda sobre a petición de apoio ás actividades e iniciativas a desenvolver pola Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
Apróbase unha axuda. - Modificación parcial das Normas básicas para a concesión de axudas do Consello Social.
A Comisión dá a súa conformidade. - Rogos e preguntas.
Non hai.