O martes, 28 de decembro de 2021, ás 11:40 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:
Orde do día
- Aprobación, se procede, das actas das reunións anteriores (23.09.2021 e 03.11.2021).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Informe do Reitor.
- Informe que proceda sobre a modificación dos títulos de Máster universitario en Biotecnoloxía avanzada e Máster universitario en Tradución para a comunicación internacional, para o curso 2022/2023. (Consello de Goberno do 30 de novembro de 2021).
O Pleno emite informe favorablemente. - Calendario e procedemento para a aprobación de verificación e modificación de títulos de Grao, Máster e Doutoramento para o curso 2023/2024. (Consello de Goberno do 21.12.2021).
O Pleno dáse por informado. - Informe que proceda sobre a denuncia do convenio de adscrición do IESIDE (Instituto Superior Intercontinental) á Universidade de Vigo. (Acordo do Consello de Goberno do 26 de xuño de 2019).
O Pleno emite informe favorablemente. - Proposta de prezos reducidos para o Curso de especialista en Ciberseguridade industrial.
Apróbase a proposta. - Supervisión e informe dos prezos de cursos de títulos propios, consonte petición da directorada Escola Aberta de Formación Permanente.
- Supervisión e informe dos prezos e das memorias finais de cursos de títulos propios, iniciados antes da aprobación do novo regulamento de programas de formación e da posta en marcha da Escola Aberta de Formación Permanente.
Respecto os puntos 8 e 9, o Pleno dá a súa aprobación.
Acordos, propostas e informes da Comisión Económica (20 de decembro de 2021)
- Informe sobre o teito de gasto da Universidade de Vigo para o exercicio orzamentario de 2022, ao abeiro do disposto no Real Decreto 14/2012, do 20 de abril.
O Pleno emite informe favorablemente. - Aprobación, se procede, da proposta de orzamento da Universidade de Vigo para o exercicio de 2022.
O Pleno aproba o orzamento. - Informe sobre a Oferta de emprego público do PAS da Universidade de Vigo para o ano 2021. (Consello de goberno de 30 de novembro de 2021).
O Pleno emite informe favorablemente. - Proposta de aprobación da cesión temporal de equipos para investigación ao Grupo COM da Universidade de Vigo.
O Pleno dá a súa aprobación. - Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de outubro e novembro de 2021.
O Pleno dáse por informado. - Aprobación, se procede, do orzamento do Consello Social para 2022.
O Pleno dá a súa conformidade. - Aprobación, se procede, das liñas xerais do Plan de actuacións a desenvolver polo Consello Social en 2022.
O Pleno aproba a proposta. - Rogos e preguntas.
Intervén Juan M. Vieites.
Acta da sesión ordinaria do Pleno, celebrada o martes 28 de decembro de 2021
Documento PDF, 193 KB