Colaboracións e patrocinios

Unha nova edición do programa e_destrezas dixital coa axuda do Consello Social

2022-02-04T11:35:49+00:003 de Febreiro de 2022|Colaboracións e patrocinios, Novas|

O Consello Social e o banco Santander colaboran coa Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria na realización destes cursos de 30 horas, que se impartirán telematicamente por medio de “Campus remoto” e que teñen por obxectivo potenciar as competencias dixitais da comunidade universitaria. e_destrezas é unha iniciativa que procura ofrecer cada cuadrimestre un catálogo de obradoiros que permitan ao estudantado, ao PAS e ao PDI dotarse dunha formación dixital, unha esixencia do ensino universitario no marco da Europa do coñecemento e das necesidades do mercado laboral.

Este cuadrimestre se impartirán nove cursos nunha oferta, ao seren telemáticos, para os tres campus. Cada un destes programas ten unha duración de 30 horas, que se reparten en seis sesións de catro horas e outras seis horas de traballo autónomo.