A Vicerreitoría do campus de Pontevedra, o Campus Crea e o Consello Social da Universidade promoveron na Casa das Campás, o mércores 9 de marzo, un encontro no que participaron representantes de cinco grupos de investigación e de oito empresas e asociacións. A xuntanza estivo dirixida a coñecerse mutuamente e explorar posibles vías de colaboración, que dá continuidade, á súa vez, ao encontro centrado nos ámbitos da saúde e a terceira idade que tivo lugar no mes de novembro.
Por parte do tecido empresarial, o encontro contou coa participación das editoriais Galaxia e Catro Ventos, das axencias Pontevedra Digital, Visual Publinet e Catálogos para empresas; do colectivo multidisciplinar Creativas Galegas e das asociacións O Galpón Lab e Freshysweet, esta última integrada por estudantes de Ciencias Sociais e da Comunicación, que levan a cabo tarefas de axencia de publicidade como parte da súa formación.
O presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa, clausurou xunto co Vicerreitor do Campus de Pontrevedra este encontro.
Máis información nesta nova do DUVI:
Grupos de investigación exploran vías de colaboración con empresas dos ámbitos da creatividade e a comunicación